Monster (álbum)
Monster | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de R.E.M. | ||||
Publicado | 26 de setembro de 1994 | |||
Gravación | abril - maio de 1994 | |||
Estudio(s) | Kingsway Studio, Nova Orleans; Crossover Soundstage, Atlanta; Criteria Studios, Miami; Ocean Way Recording, Los Angeles | |||
Duración | 49:15 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Warner Bros. Records | |||
Produtor | Scott Litt e R.E.M. | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Monster é o noveno álbum da banda estadounidense de rock alternativo R.E.M., publicado o 26 de setembro de 1994 a través do selo Warner Bros. Records. Coprodido pola banda e Scott Litt, Monster representou un cambio estilístico intencional con respecto aos anteriores traballos, Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992), consistindo en arranxos sinxelos e guitarras altas e distorsionadas. As letras do vocalista Michael Stipe tratan sobre a natureza da fama, que canta mentres asume varias personaxes. Liderado polo sinxelo "What's the Frequency, Kenneth?", Monster estreouse no número 1 nos Estados Unidos. A banda promocionou o disco coa súa primeira xira dende 1989.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Bill Berry, Peter Buck, Mike Mills e Michael Stipe.
- Cara 1 – "Head side"
- "What's the Frequency, Kenneth?" – 4:00
- "Crush with Eyeliner" – 4:39
- "King of Comedy" – 3:40
- "I Don't Sleep, I Dream" – 3:27
- "Star 69" – 3:07
- "Strange Currencies" – 3:52
- Cara 2 – "Tail side"
- "Tongue" – 4:13
- "Bang and Blame" – 5:30
- "I Took Your Name" – 4:02
- "Let Me In" – 3:28
- "Circus Envy" – 4:15
- "You" – 4:54
Notas
[editar | editar a fonte]As versións en casete e vinilo teñen outra versións dos nomes das caras. Os temas 1-6 foron etiquetados como 'C Side', mentres que os 7-12 como 'D Side'