Saltar ao contido

Moncai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moncai
Altitude: 531 m
Localización: Fornelas, A Pobra do Brollón
A Parte, Monforte de Lemos
Serra: Serra do Moncai

O Moncai é un pico situado na serra do mesmo nome, cunha altitude de 531 m.

Está situado en medio do Val de Lemos, entre os concellos da Pobra do Brollón e Monforte de Lemos. Está nas parroquias de Fornelas e A Parte. Varias aldeas rodean o cumio, no nordés está Fornelas; no norte, Camporrío; no noroeste, A Parte e no suroeste, Remuín. Está situado entre o río Saa (nordeste) e o Cabe (nordés-norte-oeste).