Monólogo narrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O monólogo narrado é a representación do pensamento íntimo dun personaxe en terceira persoa mediante o estilo indirecto libre.

Exemplos[editar | editar a fonte]

Mirou o seu maletín onde gardaba copias dos contratos, parecía que botaba fume. Xa pola mañá coñeceu a parte dos da Constructora, moita gracia parecía que non lles facía ter un novo socio pero xa se acostumarían, non era para tanto teren un máis a repartir. Entrara pola porta grande, coma un señor. Os seus fillos serían os fillos do señor Lamas, e estudiarían nos mellores colexios, e formarían parte de clubs privados, e coñecerían rapazas de xente coma el, xente rica, e sairían deste barrio, e terían bos modais, e vestirían como é debido. A muller sería toda unha señora con roupas caras e entrarían os dous neste restaurante, pasen por aquí, e despois irían ó Rickies, un club privado onde non pode entrar calquera, onde só entran as persoas que consiguen carné, e só o conseguen os que teñen o que hai que ter para conseguilo, cartos e influencias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.