Molly Down-Smittens
Molly Down-Smittens | |
---|---|
Molly Alice Smitten-Downes | |
![]() Molly Smitten-Downes (2014) | |
Nome completo | Molly Alice Smitten-Downes[1] |
Alias | Molly |
Data nacemento | 1 de abril de 1985 (38 anos) |
Nado en | Rothley Leicestershire, Inglaterra[2] |
Ocupación | Cantora |
Xénero | Pop |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Independete |
Tempo en activo | Dende 2011 |
Na rede | |
http://www.officialmolly.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Molly Alice Smitten-Downes, nada en Rothley (Leicestershire) o 2 de abril de 1985, é unha cantautora inglesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Molly asistiu á Our Lady's Convent School en Loughborough, empezando a súa carreira musical a idade de oito anos. Estudou música no Leicester College e na Academia de Música Contemporánea de Guildford, Surrey, onde se formou como pianista.[3]
Carreira musical[editar | editar a fonte]
O 18 de decembro de 2011 lanzouse un disco acústico chamadoFly Away with Me[4]. O tema Shadows, da súa autoría, foi mostreado pola artista grime Marger e lanzouse en iTunes o 21 de agosto de 2011[5]. Molly foi a gañadora na categoría Urban-Pop do concurso Live and Unsigned do ano 2012 e tamén recibiu un recoñecemento á mellor canción nos premios The Best Of British Unsigned Music, polo seu tema Lost Generation en 2013. En abril de 2013 lanzouse a súa colaboración co produtor sueco Anders Hansson coa canción Beneath the lights[6]. En 2012 escribiuse e gravouse Never Forget, a súa colaboración co produtor hardcore Darren Styles.
Eurovisión 2014[editar | editar a fonte]
O 3 de marzo de 2014, a BBC inglesa anunciou que Molly sería a representante do Reino Unido no Festival da Canción de Eurovision coa canción Children of the Universe[7]. Dende o principio partiu como unha das grandes favoritas para gañar o festival. A gran final de Eurovision celebrouse en Copenhague o 10 de maio de 2014, na cal Molly actuou na última posición e quedou na posición número 17 con 40 puntos na clasificación final, pese a ser unha das favoritas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Discogs.com (ed.). "Molly Smitten-Downes Discography at Discogs".
- ↑ Leicester Mercury (ed.). "Eurovision 2014: Molly Smitten-Downes, from Leicestershire, to represent UK in song contest". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2014.
- ↑ http://www.getsurrey.co.uk/whats-on/whats-on-news/former-academy-contemporary-music-student-6769299
- ↑ https://itunes.apple.com/gb/album/shadows/id487415556?i=487415560
- ↑ http://www.mtv.co.uk/music/urban/2734-fresh-marger-feat-molly-shadows
- ↑ https://itunes.apple.com/gb/album/beneath-the-lights-single/id641453788
- ↑ http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=9288&idioma=
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Molly Down-Smittens ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial Arquivado 17 de xullo de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
![]() |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |