Modesto Domínguez Hervella
Modesto Domínguez Hervella | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1827 |
Lugar de nacemento | Verín |
Falecemento | 8 de abril de 1913 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | matemático e enxeñeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Modesto Domínguez Hervella, nado en Verín o 24 de febreiro de 1827 e finado en Madrid o 8 de abril de 1913, foi un matemático e enxeñeiro galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse como enxeñeiro na Escola de Guadalaxara. Viviu en Bordeos, onde ocupou a cátedra de Matemáticas e Lingua Española. En 1855 volveu a España e ingresou no corpo de enxeñeiros da Armada. Ampliou estudos en Francia e Inglaterra. Dirixiu as obras civís e hidráulicas de Ferrol, as obras do dique de pedra do arsenal ferrolán e a construción de buques neste estaleiro. Foi director das Escuelas Especiales del Cuerpo y de la Maestranza, comandante de enxeñeiros en Ferrol e A Habana, e presidente da Xunta de Exames para o ingreso no corpo de enxeñeiros da Armada. Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
Obras[editar | editar a fonte]
- Elementos de geometría analítica, 1880.