Modelo:PropiaSenOrixe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Problemas con [[:{{{1}}}]][editar a fonte]

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Indicacións de uso do modelo
obxectivo

Este marcador colócase na páxina dunha imaxe que careza de información sobre a orixe ou fonte da mesma, pero que, polas súas características, semella ser unha imaxe de autoría propia.

uso

Este modelo emprégase tras marcar unha imaxe co marcador {{SenOrixe|CANDO}}, onde CANDO é o momento en que que se coloca este marcador, por exemplo 12-07-2006.

Coloque o texto {{PropiaSenOrixe|''Imaxe:nome da imaxe''}} na páxina do usuario.

outros marcadores

Hai outros marcadores relacionados en Wikipedia:Lista visual de avisos de mantemento de imaxes.

Este recadro non aparecerá no artigo.
Esta documentación está transcluída desde Modelo:PropiaSenOrixe/uso. Os editores poden probar cambios no mesmo en Modelo:PropiaSenOrixe/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.