Modelo:AvisoSenLicenzaNinOrixe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Imaxe(s) sen licenza e/ou orixe[editar a fonte]

Ola AvisoSenLicenzaNinOrixe, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe:

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web teña copyright.

Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza:

Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{Cc-by-sa-4.0}}). Tes unha relación de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo clic sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.

En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?

¿Como incluír eses datos cando vas subir unha imaxe? No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon "Resumo". Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?
  • Accede á foto.
  • Unha vez que accediches, fai clic na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{Cc-by-sa-4.0}}
  • Garda a páxina

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

Test Template Info-Icon - Version (2).svg Indicacións de uso do modelo
Obxectivo

Avisar, aportando a máxima información posible, a usuarios novos de que deben incorporar, a tódalas imaxes que suban á Galipedia, unha licenza e indicar a orixe da imaxe

Uso

Hai varias alternativas de uso:

  • Se só se avisa dunha imaxe: {{AvisoSenLicenzaNinOrixe|Imaxe:NOME DA IMAXE}}
  • Se se avisa de dúas imaxes: {{AvisoSenLicenzaNinOrixe|Imaxe:NOME DA IMAXE|Imaxe:NOME DA 2ª IMAXE}}
  • Se se avisa de tres imaxes: {{AvisoSenLicenzaNinOrixe|Imaxe:NOME DA IMAXE|Imaxe:NOME DA 2ª IMAXE|Imaxe:NOME DA 3ª IMAXE}}

Pódese dar aviso ata de 9 imaxes.

Información

Hai máis avisos demantemento de imaxes en Wikipedia:Lista visual de avisos de mantemento de imaxes

Este recadro non aparecerá no artigo.
Esta documentación está transcluída desde Modelo:AvisoSenLicenzaNinOrixe/uso. Os editores poden probar cambios no mesmo en Modelo:AvisoSenLicenzaNinOrixe/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.