Modelo:Abbr/uso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obxectivo

O modelo {{abbr}} utilízase para definir unha abreviatura, unhas siglas ou un acrónimo. Crea unha descrición emerxente ao pasar o rato por riba da palabra.

Uso

Engádase {{abbr|siglas/acrónimo/abreviatura|nome completo}} para que apareza a abreviatura, as siglas ou o acrónimo e, ao pasar o rato por riba da palabra, mostre o nome completo acompañado dun signo de interrogación. Tamén se pode engadir un terceiro parámetro: engadindo "unicode" (ou "u") aplícase o modelo {{unicode}} ao texto do primeiro parámetro.

Exemplos[editar a fonte]

Con dous parámetros
{{abbr|SERGAS|Servizo Galego de Saúde}}

Aparece así: SERGAS. Cando se pasa o rato por "SERGAS" aparece algo como isto Servizo Galego de Saúde acompañado por un signo de interrogación en moitos (pero non todos os) navegadores. Algúns lectores de pantalla, móstrano dunha forma distinta.

Con tres parámetros
{{abbr|pȅći • пе̏ћи|por dicir|unicode}}

Aparece como pȅći • пе̏ћи. Compárese con pȅći • пе̏ћи, sen o formato unicode.

Con parámetros con nome
{{abbr|URSS|Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas|class=country-name|id=foobar}}

Aparecerá como URSS.

Problemas de accesibilidade[editar a fonte]

Este modelo está deseñado para a súa utilización con abreviaturas ou acrónimos, non está deseñado para xerar contido. O Web Content Accessibility Guidelines contén información para a utilización do elemento <abbr>, xerado por este modelo. Véxase a sección H28: Providing definitions for abbreviations by using the abbr and acronym elements (en inglés).