Mitja Borkert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMitja Borkert
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de deseño Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata


Mitja Borkert, nado o 17 de marzo de 1974, é un deseñador de automóbiles e enxeñeiro xefe alemán. Foi director de Lamborghini Centro Stile desde 2016. Tamén foi deseñador en Porsche de 1999 a 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Borkert naceu en 1974 en Herzberg, Elster, na que entón era a Alemaña Oriental, e despois da caída do muro de Berlín, comezou a asistir ao departamento de deseño da Universidade de Ciencias Aplicadas de Pforzheim e licenciouse en deseño de transportes.[1][2]

En 1999, Borkert foi contratado por Porsche no seu centro de estilo en Weissach, onde ocupara diversos cargos, os principais dos cales foron o de Director Xeral de Deseño Avanzado e, en 2014, de Director de Deseño Exterior. Aquí, deseñou o Panamera Sport Turismo e o Porsche Boxster 987, colaborando na creación da segunda xeración Cayenne, o Macan e o Mission E. Despois de 17 anos en Porsche, abandonou a compañía en abril de 2016 para asumir o papel de Director de Centro Estilo de Lamborghini, en substitución de Filippo Perini, quen pasou a dirixir Italdesign.[3][4][5][6]

En Lamborghini, Borkert ocúpase da construción do Aventador S e dalgunhas versións especiais do Huracán como o Perfomante.[7] En 2017, en colaboración co Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en Boston, deseñou o concept car Terzo Millennio.[8][9]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mitja Borkert - Head of Design at Automobili Lamborghini". media.lamborghini.com. Consultado o 2023. 
  2. "Mitja Borkert (Lamborghini)". gentlemendriversmag.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 2023. 
  3. ""Mitja Borkert, nuovo direttore del Centro Stile Lamborghini"". ansa.it. Consultado o 2021. 
  4. "Lamborghini, fra avvicendamenti e celebrazioni, un anno decisivo. In attesa del Suv". lastampa.it. Consultado o 2021. 
  5. "Porsche designer Mitja Borkert moves to Lamborghini". autocar.co.uk. Consultado o 2021. 
  6. "Lamborghini - Mitja Borkert è il nuovo capo dello stile". quattroruote.it. Consultado o 2021. 
  7. "MITJA BORKERT – LAMBORGHINI, UN DNA INCONFONDIBILE". autodesignmagazine.com. Consultado o 2017. 
  8. "Lamborghini Terzo Millennio, Mitja Borkert racconta il design". motori.quotidiano.ne. Consultado o 2021. 
  9. "Come nasce il design di una Lamborghini". it.motor1.com. Consultado o 2019.