Mistral (mísil)
Mistral | |
---|---|
Orixe | Francia |
Usado por | Marinha Real da Noruega |
Guerras | invasión rusa de Ucraína |
Fabricante | Matra e MBDA |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mistral é a denominación dun mísil terra-aire fabricado por MBDA e con orixe en Francia.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Mistral é un mísil portátil de curto alcance deseñado para ser lanzado desde diferentes plataformas: vehículos de superficie, buques, helicópteros, mediante sistemas portátiles... O seu desenvolvemento comezou en 1974 e a elección do contratista principal para fabricalo, Matra (máis tarde renomeada como Matra BAE Dynamics, máis tarde convertida en MBDA trala fusión con Aeroespatiale Matra e Alenia Marconi Systems), fíxose en 1980. As primeiras probas do mísil tiveron lugar entre 1983 e 1988 e entrou en produción en 1989. Está despregado nunhas 40 forzas armadas de 27 países distintos, cunhas 16.000 unidades encargadas.[1][2][3]
O mísil alcanzou a capacidade operativa entrando en servizo para as tres Forzas Armadas francesas en 1990. Ten unha masa de 19 kg, un alcance máximo de intercepción de 6 km e unha altura máxima de voo de 3 km, alcanzando velocidades de Mach 2,5. Fíxase pasivamente no obxectivo usando a cabeza frontal infravermella que traballa a dúas lonxitudes de onda: 3 e 5 μm. A cabeza buscadora ten un ángulo de visión estreito para evitar ser confundida polas posibles contramedidas do obxectivo.[2][3]
No momento do lanzamento o Mistral é propulsado por un pequeno motor que lle da un pulo inicial e que é exectado para a entrada en acción do motor principal de propelente sólido. Tralo lanzamento o mísil desprega catro aletas no frontal para o control da dirección.[3]
Lanzadores
[editar | editar a fonte]O Mistral pode ser usado desde unha variedade de sistemas de lanzamento, entre os que se contan:[3]
- SATCP (acrónimo de Sol-Air à Très Courte Portée, en francés, significando terra-aire a curta distancia): o lanzador orixinal do Mistral, é o lanzador máis pequeno e portátil dispoñible para o mísil. Trátase dun lanador montado nun pedestal apoiado nun trípode e cun asento e controis para o operador no lado esquerdo.[3]
- ATLAS (Affût Terrestre Léger Anti-Saturation, montura terrestre lixeira contra ataques aéreos): trátase dun lanzador dobre lixeiro que funciona de maneira parecida ó SATCP.[3]
- ALBI: é un derivado de ATLAS, no que a plataforma, en lugar de estar ancorada ó solo, intégrase en forma de torreta en vehículos acoirazados.[3]
- ASPIC: en forma de pedestal, tamén con dous mísiles, vai montada sobre vehículos, pero é operada remotamente. Úsase xunto cun sistema optoelectrónico que vai montado na plataforma.[3]
- ATAM (Air-To-Air Mistral): é un sistema que permite lanzar mísiles Mistral desde helicópteros, sendo instalado en helicópteros Gazelle franceses. Deste modo poden ser lanzadas a alturas de entre o nivel do solo e os 5 km cun alcance de entre 0,6 e 5,5 km e calquera rango de velocidade do helicóptero.[3]
- SIMBAD: é unha modificación de ATLAS para uso naval no que o ombro do operador pode apoiarse nun soporte para contrarrestar o movemento do buque mentres adquire o obxectivo.[3]
- SADRAL (Système d'AutoDéfense Rapprochée Anti-aérienne Légère, sistema de autodefensa lixeiro antiaéreo de curto alcance): tamén para uso naval, é unha montura para seis mísiles, tres en cada lateral, e operada remotamente.[3]
Países operadores[3]
[editar | editar a fonte]- Arabia Saudita
- Austria
- Bélxica
- Brasil
- Brunei
- Chile
- Colombia
- Corea do Sur
- Croacia
- Chipre
- Ecuador
- Emiratos Árabes Unidos
- España
- Estonia
- Finlandia
- Francia
- Gabón
- Hungría
- Indonesia
- Italia
- Kenya
- Kuwait
- Malaisia
- Nova Zelandia
- Noruega
- Omán
- Paquistán
- Qatar
- Singapur
- Suíza
- Suráfrica
- Taiwán
- Tailandia
- Turquía
- Venezuela
- Xordania
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Army-technology.com, ed. (2012). "Mistral Short-Range Air-Defence Missile System, France" (en inglés). Consultado o 4 de xuño de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 Jos Schoofs (xullo de 2006). Belgian Wings, ed. "MISTRAL over Crete" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 5 de xuño de 2012.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 WeaponSystems.net, ed. (2012). "MISTRAL" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mistral |