Miodesopsia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miodesopsias
Clasificación e recursos externos
Exemplo de miodesopsias vistas contra un fondo azul. Trátase dunha simulación dunha experiencia subxectiva, imposible de fotografar.
DiseasesDB31270
MedlinePlus002085
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As miodesopsias, tamén chamadas moscas volantes (do latín 'muscae volitantes') ou corpos flotantes, son un fenómeno ocular que se manifesta na visión como un conxunto de manchas, puntos ou filamentos (ás veces en forma de arañeira) suspendidos no campo visual, que non se corresponden con obxectos externos reais.[1]

Definición e etimoloxía[editar | editar a fonte]

A miodesopsia consiste na impresión de corpos flotantes que se desprazan con inercia cos movementos do globo ocular. Percíbense especialmente ben nas situacións de contrastes intensos (páxina en branco, ceo claro, etc.).[2]

Son o resultado da presenza de opacidades que se forman no humor vítreo, o corpo xelatinoso que enche o globo do ollo, e que co paso da luz proxectan a súa sombra sobre a retina. Na maior parte dos casos, son unha consecuencia natural do envellecemento deste corpo vítreo, que vai perdendo auga e diminuíndo de volume. En consecuencia, as proteínas vítreas que perderon auga condénsanse perdendo transparencia. Porén, tamén poden estar presentes en individuos novos en casos de traumatismos oculares. Aínda que estas manchas parecen estar fronte ó ollo, en realidade flotan no interior deste.

Etimoloxicamente o termo «miodesopsia» provén do grego: myie = mosca; eidos = formas; ops = visión.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manual Merck de signos y síntomas del paciente. Editorial Médica Panamericana. ISBN 978-607-7743-09-5. 
  2. Chaine, G.; Rohart, C. "Disminución de la agudeza visual" (3). Elsevier. ISSN 1636-5410. 
  3. Aguilar Estévez, José Juan; de la Cruz Rodríguez, José Manuel. "Diccionario oftalmológico: M, N, Ñ, O" (PDF) (3). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.