Milo Đukanović
Nome orixinal | (sr) Мило Ђукановић (cnr) Milo Đukanović |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1962 (62 anos) Nikšić, Montenegro |
4º Presidente de Montenegro | |
20 de maio de 2018 – 20 de maio de 2023 ← Filip Vujanović – Jakov Milatović (pt) → | |
Membro do Parlamento do Montenegro (pt) | |
7 de novembro de 2016 – 16 de decembro de 2016 – Nikola Rakočević (pt) → Lexislatura: Parliament of Montenegro, 2016–2020 (en) | |
Primeiro-ministro de Montenegro (pt) | |
4 de decembro de 2012 – 28 de novembro de 2016 ← Igor Lukšić (pt) – Duško Marković (pt) → | |
Primeiro-ministro de Montenegro (pt) | |
29 de febreiro de 2008 – 29 de decembro de 2010 ← Željko Šturanović – Igor Lukšić (pt) → | |
Minister of Defence (en) | |
21 de maio de 2006 – 10 de novembro de 2006 | |
Primeiro-ministro de Montenegro (pt) | |
8 de xaneiro de 2003 – 10 de novembro de 2006 ← Dragan Đurović (en) – Željko Šturanović → | |
2º Presidente de Montenegro | |
15 de xaneiro de 1998 – 25 de novembro de 2002 ← Momir Bulatović (pt) – Filip Vujanović → | |
Primeiro-ministro de Montenegro (pt) | |
15 de febreiro de 1991 – 5 de febreiro de 1998 ← sen valor – Filip Vujanović → | |
Membro do Parlamento do Montenegro (pt) | |
9 de xuño de 2009 Lexislatura: Parliament of Montenegro, 2009–2012 (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Ateísmo |
Educación | University of Montenegro Faculty of Economics (en) - turismo (–1986) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Democrático dos Socialistas de Montenegro (pt) (1990–) Liga de Comunistas de Montenegro (pt) (1979–1990) |
Familia | |
Irmáns | Aco Đukanović Ana Kolarević |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Milo Đukanović (en montenegrino, Мило Ђукановић; Nikšić, ex-Iugoslavia, 15 de febreiro de 1962) é un político montenegrino, actual Presidente de Montenegro.
Antes foi Primeiro Ministro dese país varias veces desde 1991 ata 1998 e de novo desde 2003 ata 2006 e finalmente entre 2008 ata 21 de decembro de 2010.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do Partido dos Socialistas Democráticos de Montenegro, Đukanović foi Primeiro Ministro de Montenegro entre o 15 de febreiro de 1991 e o 5 de febreiro de 1997, cando asumiu como Presidente de Montenegro. O 26 de novembro de 2002 volveu asumir como Primeiro Ministro, sendo un dos principais impulsores do referendo que decidiu a separación do seu país da federación que mantiña con Serbia, realizado en 2006.
Tras a independencia do seu país, Đukanović autoproclamouse ministro de Defensa, o que provocou as críticas de diversas organizacións que consideraron a medida como anticonstitucional. Ademais, foi acusado de contrabando de tabaco cara a Italia. Finalmente, renunciou ao seu cargo e propuxo a Željko Šturanović como o seu sucesor, o que asumiu o 10 de novembro de 2006. Tras actuar brevemente como Ministro de Defensa de forma temporal, volveu asumir como Primeiro Ministro o 29 de febreiro de 2008.
Nas eleccións presidenciais de 2018 foi o cabeza de lista do seu partido obtendo o 53,9% dos votos en primeira rolda e converteuse no novo Presidente de Montenegro.