Miguel Rodríguez Segade
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xullo de 1895 ![]() Chorente, España ![]() |
Morte | Neuquén, Arxentina ![]() |
Alcalde | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Miguel Rodríguez Segade, nado en Chorente (Rianxo) o 9 de xullo de 1895 e finado en Neuquén (Arxentina), foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na Segunda República pertenceu ao Centro Republicano Radical Socialista de Rianxo, que triunfou nas eleccións do 31 de maio de 1931 e foi elixido alcalde de Rianxo o 23 de xuño. Cesou no cargo a finais de decembro de 1932 para participar na oposición á praza de médico titular e inspector municipal. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi obrigado polos falanxistas a traballar nas obras da estrada Rianxo-Burés. Exiliouse na Arxentina, instalouse en Buenos Aires e despois en Neuquén, onde morreu.
Predecesor: José Ramón Rivela Rial |
![]() alcalde de Rianxo 1931 - 1932 |
Sucesor: Ricardo Tarrío Calvo |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2006). Concello de Rianxo, ed. Saúde e República (Rianxo 1930-1936) Política e sociedade.