Miguel Rodríguez Monteavaro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1990 Boal |
| Actividade | |
| Ocupación | filólogo, músico, escritor, profesor universitario |
Miguel Rodríguez Monteavaro, nado en Boal (Asturias) en 1990, é un filólogo, profesor da Universidade de Oviedo, poeta en linguas galega e asturiana e músico asturiano[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Boal, concello galegofalante de Asturias. En 2015 estudou o "Máster en Investigación en Lengua Española" na Universidade Complutense de Madrid, cun traballo de fin de mestrado titulado "Precisiones geolingüísticas sobre -N- en la frontera de dos dominios románicos. El caso de la zona Eo-Navia (Asturias)". En 2021 finalizou o seu doutoramento en Investigacións Humanísticas pola Universidade de Oviedo, grazas a un contrato predoutoral Severo Ochoa do Principado de Asturias, coa tese "Estudiu dialectográficu y dialectométricu na frontera ente l'asturianu central y l'asturianu occidental (EDACEO)", que obtivo a máxima puntuación[2].
Entre 2008 e 2016, na súa vila de orixe e xunto con Andrés Rodríguez Monteavaro, dirixiu o festival de música, literatura, arte e pensamento contemporáneo "Outono en Bual"[3]. Desde 2022 é coordinador e director do Ciclu de Poesía QED[4], do Festival de poesía escénica Voces del fornu[5] e da programación do Festival de poesía expandida Namás dragones, vinculado á Noche Blanca de Uviéu. Tamén é o comisario artístico da sección europea do Festival international de poésie de Québec (Canadá) desde a súa primeira edición, en 2026[6][7].
Foi o primeiro escritor asturiano en desfrutar, en 2021 da Residencia Asturies, na Residencia Literaria 1863 da Coruña[8]. Un ano máis tarde, en 2022, obtivo unha estadía na Residencia Artes Escénicas Laboral Ciudad de la Cultura, en Xixón. En ambas as residencias estivo a traballar no proxecto A lluz, Orión e a nova lluz. En 2023 conseguiu unha Axuda á Creación Literaria do Goberno do Principado de Asturias e o primeiro posto na categoría de poesía nas Subvencións á Creación do Ministerio de Cultura de España[9].
Os seus poemas, escritos orixinalmente en galego (na variedade asturiana) e en asturiano, foron traducidos e publicados en máis de dez linguas e entre 2026 e 2027 varios dos seus libros verán a luz en diferentes volumes en catro países. A súa experiencia como poeta inclúe a súa participación en festivais e recitais de poesía en España, Polonia, México, Honduras, India, Québec, Alemaña, Exipto, Croacia, Kenya, Romanía, Grecia e outros países.
Miguel Rodríguez Monteavaro leva a cabo tamén espectáculos de poesía expandida, baseados nos seus poemarios: entre 2022 e 2025 presentou A lluz, Orión e a nova lluz, co músico Andrés Rodrigues e o artista visual Iván Torres e, desde entón, Cortar pescado en Manila, acompañado novamente do músico Andrés Rodrigues e con imaxes de Óscar Urok.
Alén diso, é integrante de formacións musicais como Caldo y Os Rabizos,[10] Mezá ou La Bedur, entre outras.
"Son asturiano da raia mesmo. Son falante de galego de Asturias, escribo en galego de Asturias, en asturiano e en galego normativo", declaraba en 2024.[11].
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Trenta razois pra nun medrar (2010). Uviéu: Trabe. 82 p. ISBN 978-84-8053-558-8[12]
- Todos os tristes de mayo (2013). Uviéu: Trabe. 98 p. ISBN 978-84-8053-700-1[13].
- Poemas pr'amantes y paquidermos (2014). Uviéu: Trabe. 72 p. ISBN 978-84-8053-730-8
- Oi, que dice mamá que volvas / Hey, mom says come back (2022). Xixón: Impronta e Gobierno del Principado de Asturias. 72 p. ISBN 978-84-127412-0-9. Tradución ao inglés de Jacob Rogers.
- A lluz, Orión e a nova lluz (2023). Barcelona: Disbauxa (col. Jeito, nº 2). 106 p. ISBN 978-84-127077-8-6
- Cortar pescado en Manila (2024). Santiago de Compostela: Afundación, PEN Galicia, Xunta de Galicia. 69 p. ISBN 978-84-09-66490-0. Tradución do autor ao asturiano (2026) (Cortar pescáu en Manila. Llanes: Cierva y culiebra) e ao castelán (2027) (Cortar pescado en Manila. Barcelona: Ultramarinos). Tradución ao catalán (2026) de Eduard Velasco (Tallar peix a Manila. Calonge (Santanyí): Adia Edicions).
Outras publicacións
[editar | editar a fonte]- A música tradicional del Eo-Navia (2019). ATEM. Libro-disco de Caldo y Os Rabizos, Arquivo da Tradición dos Ermaos Monteavaro.
Obra en asturiano
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Tolos tristes de mayu (2014). Uviéu: Trabe. 100 p. ISBN 978-84-8053-731-5. (Tradución do autor ao asturiano do seu poemario en galego Todos os tristes de mayo).
- superpoderes (2020). Uviéu: Trabe e Goberno do Principado de Asturias. 64 p. ISBN 978-84-18286-04-9[14]
- Al disparar nunca parte (2025). Uviéu: Trabe. 96 p. ISBN 978-84-10345-63-8
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Breve inventariu de los seres escondíos (2025). Noreña: Pintar-Pintar. Ilustracións de Juan Torres. 64 p. ISBN 979-13-990269-1-7
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Estudiu de la transición llingüística en la zona Eo-Navia, Asturias (ETLEN). Atles llingüísticu dialectográficu - horiométricu - dialectométricu (con Ramón d’Andrés Díaz (dir.), Fernando Álvarez-Balbuena García e Xosé Miguel Suárez Fernández) (2017). Uviéu: Trabe / Universidá d’Oviedo. ISBN 978-84-8053-892-3
- La diversidá llingüística d’España y d’Asturies. Encuesta na ciudá de Xixón, 2017 (con Ramón d’Andrés Díaz) (2022). Uviéu: Trabe. ISBN 978-84-18286-81-0
- Estudiu llingüísticu nel centru-occidente asturianu (ELCOA). Pequeñu atles dialectográficu (2023). Uviéu: Trabe. 824 p. ISBN 978-8419358639
- Llingua, cultura y sociedá nel noroccidente ibéricu (coordinador, xunto con Fernando Álvarez-Balbuena García e Enrico Torre) (2023). Universidade de Uviéu. ISBN 978-8419358783
- Dialectologia. Special issue. L’asturianu que vien, vien y vendrá. Investigaciones na honra del prof. Ramón d’Andrés Díaz (tomos I e II; coordinador, xunto con Cristina Bleortu) (2023). Universitat de Barcelona. ISSN 2013-2247
Traducións
[editar | editar a fonte]- Nesa isla hai pantasmes (en colaboración con Pablo Texón Castañón) (2024). Uviéu: Trabe. 184 p. ISBN 978-84-10345-06-5. Poemas traducidos ao asturiano desde o galego, o occitano, o canarés, o sueco, o neerlandés, o albanés e o grego, froito do Obradoiro de tradución poética «Con barqueira e remador» de 2021 e 2022, coordinado por Yolanda Castaño.
Outras publicacións
[editar | editar a fonte]- (Como antólogo) Para além dos glaciares e do cemitério de sóis. Antologia contemporânea de poesia asturiana (2025). Porto: Officium Lectionis. Tradución de Jorge Melícias. ISBN 978-989-36383-4-7
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- XIX Premio de Poesía Fernán Coronas "Padre Galo" 2012, por Tolos tristes de mayu.
- Premio Asturias Joven de Poesía 2019, por superpoderes [15].
- I Premio de poesía en galego-asturiano Ría del Eo 2021, con Oi, que dice mamá que volvas.
- Premio Xuan María Acebal de poesía 2024 polo poemario Al disparar nunca parte.
- Premio de poesía Afundación 2024 por Cortar pescado en Manila.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario, Nós (2024-09-30). "Miguel Rodríguez gaña o premio de poesía A Fundación con 'Penácaros'". Nós Diario. Consultado o 2024-10-01.
- ↑ "Miguel Rodríguez Monteavaro". Orcid (en castelán). 2021-05-18. Consultado o 2026-07-17.
- ↑ "Asociación Xuvenil Mezá organiza el VI Outono de Bual". Asturias Mundial (en castelán). 2013-13-28. Consultado o 2026-07-17.
- ↑ Alonso, Raúl (2025-10-22). "El IV Ciclu de poesía QED vuelve a Uviéu con voces de trés continentes". La Voz de Asturias (en asturiano). Consultado o 2026-07-17.
- ↑ "La poesía escénica garra puxu n’Uviéu col festival Voces del fornu". Formientu (en asturiano). 2026-06-26. Consultado o 2026-07-17.
- ↑ "Équipe". FIP de Québec (en francés). Consultado o 2026-07-17.
- ↑ Alonso, Raúl (2026-03-22). "El poeta asturianu Miguel Rodríguez Monteavaro organiza'l Festival international de poésie de Québec". La Voz de Asturias (en asturiano). Consultado o 2026-07-17.
- ↑ R. Guardado, Pablo (2026-11-16). "Miguel Rodríguez Monteavaro va beneficiase de la residencia lliteraria n’A Coruña". asturies.com (en asturiano). Consultado o 2026-07-17.
- ↑ "Miguel Rodríguez Monteavaro". Asturian Writers (en asturiano). Consultado o 2026-07-17.
- ↑ "Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2024-10-01.
- ↑ "Miguel Rodríguez Monteavaro, gañador do Premio de Poesía Afundación: «Gústame a creación desde a periferia, pódese facer arte desde os confíns»". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-10-01. Consultado o 2024-10-01.
- ↑ "Trenta Razóis Pra Nun Medrar de Rodríguez Monteavaro, Miguel 978-84-8053-558-8". www.todostuslibros.com (en castelán). Consultado o 2024-10-01.
- ↑ "Todos Os Tristes De Mayo de Rodríguez Monteavaro, Miguel 978-84-8053-700-1". www.todostuslibros.com (en castelán). Consultado o 2024-10-01.
- ↑ "Superpoderes de Rodríguez Monteavaro, Miguel 978-84-18286-04-9". www.todostuslibros.com (en castelán). Consultado o 2024-10-01.
- ↑ https://www.europapress.es/asturias/noticia-miguel-angel-monteavaro-nicolas-bardio-cristian-david-lopez-ganadores-premios-asturias-joven-culturaqui-20191216173045.html
- ↑ "Miguel Rodríguez Monteavaro, gañador da XXII edición do Premio de Poes". www.afundacion.org (en castelán). Consultado o 2024-10-01.
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
