Miguel Martínez de la Riva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Martínez de la Riva

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Miguel Martínez de la Riva Quintas, nado en Santiago de Compostela, foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi redactor de El Alcance, onde dirixiu o suplemento "Los Jueves de El Alcance" e colaborou en Batallón de los literarios. Trasladouse a Madrid. Funcionario do Ministerio de Instrución Pública, foi redactor de La Mañana e dirixiu o periódico El Popular (1912)[1].

Obras[editar | editar a fonte]

  • La política española y el gabinete actual, 1903.
  • Biografia del Exmo. Sr. D. Francisco Martinez de la Rosa, 1915.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias con Natalia Valverde (finada en 1910) e en segundas nupcias con Josefa Martínez Gómez[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Época, 10-7-1912, p. 5.
  2. Diario de Galicia, 24-11-1911, p. 2.