Estauracio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estauracio
Solidus-Nicephorus I and Staraucius-sb1604.jpg
Nacemento775
Falecemento11 de xaneiro de 812
 Constantinopla
CausaGangrena
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónpolítico
PaiNicéforo I
CónxuxeTeófano de Atenas
IrmánsProcópia
editar datos en Wikidata ]

Estauracio (m. 11 de xaneiro de 812) foi un emperador bizantino, fillo de Nicéforo I.

Resultou paralizado pola ferida producida por unha espada durante a loita cos búlgaros na batalla de Pliska (26 de xullo de 811), na que morreu o seu pai. Estauracio foi salvado pola Garda imperial que o retirou do campo de batalla, protexéndoo en tanto que herdeiro da coroa. Por mor das súas feridas, foi coroado formalmente en Adrianópolis (a actual Edirne), e foi a primeira vez, desde a deposición do último emperador de Occidente en 476, que un emperador era coroado fóra de Constantinopla. Durante o seu curto reinado tivo lugar unha constante pugna na corte imperial pola sucesión. As irmás de Estauracio trataron de influírlle para que elixise aos seus maridos. Finalmente conseguiuse impoñer un dos seus cuñados Miguel I Rangabé, que depuxo a Estauracio o 2 de outubro de 811. Estauracio retirouse a un mosteiro, onde morreu cinco meses despois.

Imperio Bizantino

Segue a:
Nicéforo I
Estauracio
Precede a:
Miguel I Rangabé