Miguel Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Alonso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo , músico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webmiguelalonso.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: miguelalonsooficial Instagram: miguelalonso1984 Editar o valor em Wikidata

Miguel Alonso Fernández, coñecido como Miguel Alonso, nado en Ferrol o 12 de xuño de 1984, é un psicólogo, músico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Rodolfo Ucha Piñeiro e licenciouse en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta con varios discos publicados. Deuse a coñecer con Aprendiz de poeta (maqueta), seguiu con Está escrito en la calle e despois A noite dos cans.

Como poeta e escritor de relatos curtos participou en diferentes publicacións colectivas, como Pegadas, Dez Anos na Porta e Aldeas sen voz.[1]

Traballa en obradoiros para colexios, como “CreaCANcións” onde compón cos alumnos cancións.[2] Traballa no proxecto Minguante, unha mestura de pop e música de autor, con Óscar Martínez, e coa banda infantil Música Miúda, contacontos musical, xunto a Irene Quinteiro, Manu Pazos e Óscar Martínez.[3]

Obra literaria[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • O caso Quintana (2017). 224 páxs. Vigo: Belagua Ed. ISBN 9788494175183. Protagonizada pola estudante de Psicoloxía Laura Mariño
  • O caso dos amantes de París (2021). Vigo: Belagua Ed. 184 páxs. ISBN 978-84-121433-7-9. Un dobre asasinato cometido ás portas da residencia universitaria Monte da Condesa levará o nome da estudante de Psicoloxía Laura Mariño ás portadas dos xornais.

Poesía en castelán[editar | editar a fonte]

  • Mentiras y lunas (2004).[4]

Obra musical[editar | editar a fonte]

  • Aprendiz de poeta (maqueta)
  • Está escrito en la calle (2001)
  • Luz de guía (2007) (autoedición)[5]. Con Víctor Méndez e Javier Santana.
  • A noite dos cans (2010). 12 cancións en galego.[6]
  • O día despois da noie dos cans (2013). 4 cancións en galego. Edición dixital.
  • Como dioses de alquiler (2014). 10 cancións en caselán.[7]
  • Manual de saudades (2015). Musicalización de poemas de Xavier Frías. Disco incluído no libro do mesmo título.
  • Literaria (2018). 11 cancións en galego.[8]

Dirección[editar | editar a fonte]

  • Once máis 15. Poemas musicados (2009). Edicións do Cumio. 15 bandas e solistas que musicaron a 11 poetas en galego.[9]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 2002: X Certáme A Mocidade coa lingua
  • 2010: Xuventude Crea, por A noite dos cans.[10]
  • 2010: 1º premio do III Certame de poesía de Mugardos.[11]
  • 2013: Axuda á Creación Nova do Injuve
  • 2013: Lidera Ferrol 2013, con Días raros.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O caso dos amantes de París Miguel Alonso". BELAGUA EDICIONES (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-03-13. 
  2. "Miguel Alonso Canción con todos". www.cancioncontodos.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-13. 
  3. "Miguel Alonso: “A música é moi importante nesta segunda novela e tamén hai unha gran crítica social”". Diario de Ferrol. Consultado o 2022-03-13. 
  4. "CABIRIA BAR: CONCERTO PRESENTACION NOVO DISCO MIGUEL ALONSO". www.ghastaspista.com. Consultado o 2022-03-13. [Ligazón morta]
  5. 5,0 5,1 P, Redacción. "El cantautor ferrolano Miguel Alonso ganador del certamen «Lidera Ferrol 2013» con su canción «Días raros»". Galicia Ártabra Digital (en castelán). Consultado o 2022-03-13. 
  6. "A Noite Dos Cans Canción con todos". www.cancioncontodos.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-13. 
  7. "Como Dioses De Alquiler Canción con todos". www.cancioncontodos.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2022. Consultado o 2022-03-13. 
  8. "Miguel Alonso - Discografía". miguelalonso (en castelán). Consultado o 2022-03-13. 
  9. "Once máis 15 - Los Pequeños Seres". www.lospequenosseres.com (en castelán). Consultado o 2022-03-13. 
  10. "Música de cantautor con premio al último disco". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-11-23. Consultado o 2022-03-13. 
  11. "O musico, Miguel Alonso, canta no Torrente Ballester". Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas. 2011-03-22. Consultado o 2022-03-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]