Middlesbrough RHC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Middlesbrough RHC
CidadeMiddlesbrough, Inglaterra Inglaterra
Historia1947
Fundado1947
CompeticiónRink Hockey Premier League
English Cup
Títulos
Rink Hockey Premier League3 (dende 1974)
English Cup1
Cores          Vermello e branco

O Middlesbrough Roller Hockey Club é un club de hóckey a patíns inglés da localidade de Middlesbrough que actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns inglés, a Rink Hockey Premier League, competición que gañou en dúas ocasións dende 1974 (1979 e 1980).

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1947, e inicialmente xogaba no Albert Park Victorian skating rink, unha pista ao aire libre, polo que resultaba dificil a práctica do hóckey a patíns durante o inverno ata a construción dun pavillón de terrazo.

O hóckey a patíns floreceu nos anos '50 e '60 e construíronse novos vestiarios.

En 1966 o Middlesbrough xogou contra o combinado nacional de Bélxica como parte das celebracións do Campionato do Mundo.

A finais dos anos '70 o equipo participou en competicións europeas, enfrontándose en 1978 ao La Vendéenne (Francia), sendo o primeiro partido europeo disputado en Inglaterra. Por outra banda, en 1979 o equipo inglés visitou a pista do Lichstad de Eindhoven (Países Baixos), nese mesmo ano o club acadou o seu primeiro título de liga, revalidándoo ao ano seguinte.

Na tempada 1980-81 a superficie tornouse perigosa e o club decidiu mudarse por causas de seguridade, disputando os seus partidos no Herlingsshaw Centre Eston ata a apertura do Rainbow Centre en 1985.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]