Microlingüística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lingüística interna é a parte da lingüística que estuda as linguas á marxe dos factores externos, estuda as leis propias da lingüística.

Dentro da lingüística interna atópanse disciplinas como a fonoloxía, a fonética, a lexicología e maila gramática.

  • A fonoloxía é unha disciplina que estuda os fonemas. Estuda os trazos pertinentes que diferencian a un fonema doutro,(as características fónicas que os diferencian e xa que logo danlles a súa natureza).
  • A fonética é unha disciplina que estuda a realización dos fonemas.
  • A lexicología describe o plano léxico-semántico e observa como se clasifican e se agrupan as palabras.
  • A gramática describe o plano morfosintáctico, as leis dos sistemas morfolóxicos e sintácticos. Describe as clases gramaticais e como se combinan entre elas.

Notas[editar | editar a fonte]

  • López García, Ángel e outros (1999). Lingüística general y aplicada. Ed. Universitat de València. ISBN 84-370-1519-7.