Micrófono omnidireccional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Directividade dun micrófono omnidireccional

Un micrófono omnidireccional ten máis ou menos a mesma sensibilidade en todos os ángulos de recollida de son, captando logo un son coa mesma característica independentemente do seu lugar de procedencia. O seu diagrama polar é polo tanto circular. Empréganse principalmente en lugares onde non hai problemas de retroalimentación acústica, para a captación de son en tódalas direccións (por exemplo, para capturar os gritos do público nun concerto).