Michel Kafando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Michel Kafando
Michel Kafando 2015.jpg
Nacemento18 de agosto de 1942
Lugar de nacementoUagadugú
NacionalidadeBurkina Faso
Alma máterInstituto de Estudos Políticos de París e Universidade de Bordeaux
Ocupaciónpolítico e diplomático
PremiosThe National Order of Burkina Faso
editar datos en Wikidata ]

Michel Kafando, nado en Uagadugú o 18 de agosto de 1942, é un diplomático burkinense, que foi presidente de transición de Burkina Faso entre 2014, tras a dimisión de Blaise Compaoré,[1] ata a realización de novas eleccións en 2015. Foi apartado brevemente do cargo o 17 de setembro de 2015, cando o militar Gilbert Diendéré liderou un golpe de estado que o derrocou. Foi restituído o 23 de setembro de 2015 despois do fracaso do golpe de estado.[2] Foi Ministro de Relacións Exteriores entre 1982 e 1983 e posteriormente foi Embaixador permanente de Burkina Faso nas Nacións Unidas entre 1998 até 2011.

Kafando asumiu o poder logo dun acordo co goberno interino militar dirixido por Isaac Zida, co fin de liderar unha transición política.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kafando naceu en Uagadugú. Obtivo un título de licenciatura en Dereito Público da Universidade de Bordeos en 1969, un diploma en estudos políticos en 1972 en París e outro diploma do Instituto Universitario de Altos Estudos Internacionais en Xenebra tamén en 1972. Máis tarde obtivo un doutoramento en ciencias políticas na Sorbona en 1990. Está casado e ten un fillo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Michel Kafando, président de la transition" (en francés). 17 de novembro de 2014. Consultado o 13 de maio de 2019. 
  2. "Presidente de Burkina Faso vuelve al poder tras golpe de Estado". El Comercio (en castelán). 24 de setembro de 2015. Consultado o 9 de abril de 2019.