Michel-Marie-Bernard Calvet
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de abril de 1944 Autun, Francia |
| Archbishop of Nouméa (en) | |
| 19 de xuño de 1981 – 14 de xaneiro de 2025 ← Eugène Klein (pt) Diocese: arquidiocese de Nouméa | |
| Bispo titular | |
| 4 de xullo de 1979 – 19 de xuño de 1981 ← Emanuele Romano (pt) Diocese: Nigrae Maiores (en) | |
| Bispo auxiliar | |
| 4 de xullo de 1979 – 19 de xuño de 1981 Diocese: arquidiocese de Nouméa | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Catholic University of Lyon (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1979–), sacerdote católico (1973–) |
| Orde relixiosa | Sociedade de María |
| Consagración | Eugène Klein (pt) |
Michel-Marie-Bernard Calvet, nado o 3 de abril de 1944 en Autun (Francia), é un relixioso marista, arcebispo de Nouméa dende 1981.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Autun, concello do departamento de Saona e Loira, o 3 de abril de 1944. Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Lión, e posteriormente formouse para ser sacerdote, licenciándose en Teoloxía polo Instituto Católico de Lión. O 28 de abril de 1973 foi ordenado sacerdote da Sociedade de María polo bispo auxiliar de Grenoble Michel Mondésert.
O 4 de xullo de 1979 foi nomeado bispo auxiliar de Nouméa e bispo titular de Nigrae Maiores. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo de Nouméa Eugène Klein o 4 de novembro do mesmo ano, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Wallis e Futuna Lolesio Fuahea e ao arcebispo de Papeete Michel-Gaspard Coppenrath.[1] O 19 de xuño de 1981 foi nomeado arcebispo de Nouméa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ L'Intermédiaire des chercheurs et curieux (en francés). 1980. p. 415.
Michel-Marie Calvet, mariste, né á Autun le 3 avril 1944, év. aux. de Nouméa le 4 julliet 1979, sacré le 4 novembre dans la cath. de Nouméa, par Eugène Klein, arch. de Nouméa, ass. de Laurent Fuahea, év. de Wallis et Futuna et de Michel Coppenrath, arch. de Papeete.