Michael Fakuade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Michael Fakuade
Orléans Loiret Basket  – No. 17
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 18 de febreiro de 1989 (31 anos)
Illinois Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Nixeria Nixeria
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 90 kg (198 lb)
Información da carreira
Universidade Northern Illinois (2007–2010)
Illinois-Springfield (2010−2012)
Carreira desde 2012
Historial de equipos
UBC Hannover (2012–2013) ProB
ETB Wohnbau (2013−2014) ProA
Força Lleida (2014–2015) LEB
Palencia (2015–2016) LEB
CB Breogán (2016–2017) LEB
Gipuzkoa Basket (2017–2018) ACB
Orléans Loiret Basket (2018–presente) LNB Pro B

Michael Olayinka Fakuade, nado o 18 de febreiro de 1989 en Chicago (Illinois), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte nixeriano. Actualmente xoga para o Orléans Loiret Basket da LNB Pro B, no que se desenvolve na posición de ala-pivote cunha altura de 2,01 metros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na cidade estadounidense de Chicago (Illinois), Michael Fakuade formouse na Universidade de Northern Illinois, onde xogou na primeira división da NCAA cos Northern Illionois Huskies. Posteriormente, entre 2010 e 2012, xoga para a Universidade de Illinois-Springfield, para acabar por dar o salto ao profesionalismo en Alemaña. En Europa debuta co UBC Tigers Hannover, equipo da ProB, terceira categoría do baloncesto xermano. Alí fai uns destacábeis 15,2 puntos e 10,6 rebotes por partido, chamando a atención do ETB Wohnbau da ProA, a segunda división do país. Na súa segunda temporada en Alemaña realizou 8,3 puntos e colleu 7,3 rebotes por partido.

Tras acabar a temporada non asina con ningún equipo, até que en outubro de 2014 convértese no último xogar en chegar ao cadro de xogadores do efectivo do Força Lleida da Liga LEB Ouro. Nas filas do conxunto catalán logra unhas medias de 7,2 puntos, 5,2 rebotes, 0,8 asistencias, 1 tapón e 8,5 de valoración por encontro. Ao ano seguinte asina polo Quesos Cerrato Palencia da mesma categoría, equipo onde se converte nunha peza fundamental para a consecución do título, aportando 9,8 puntos e 6,2 rebotes por partido. Tras finalizar a temporada, o 26 de setembro de 2016 asina co Club Baloncesto Breogán.[1]

Clubs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Michael Fakuade, novo xogador do Cafés Candelas Breogán". CBBreogan.gal. 26 de setembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]