Metro de Cantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Metro de Guangzhou»)
Metro de Guangzhou
Información
CidadeGuangzhou, China
Liñas13
Estacións257
Operacións
Inauguración28 de xullo de 1997
Mapa da rede

O Metro de Guangzhou é a rede de metro da cidade de Cantón (Guangzhou), na provincia de Guangdong da República Popular da China.

É a cuarta cidade chinesa en construír un sistema do ferrocarril subterráneo logo de Pequín, Tianjin e Shangai. A construción comezou en 1993 e a primeira liña rematouse e abriuse en 1997 e 1999. O sistema adminístrao a Corporación do Metro de Guangzhou establecida en 1992 como empresa estatal dependente do goberno de Guangzhou.