Meteņi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Meteņi é unha antiga celebración pagá letoa que marca o medio camiño entre o solsticio de inverno e o seguinte equinocio. Simboliza o comezo do final do inverno e a benvida aos primeiros sinais da primavera. A día de hoxe Meteņi non é multitudinario, coma si foi no pasado do país, pero si é conservado e organízase anualmente no Museo Etnolóxico de Riga cunha asistencia achegada aos 400 espectadores, e celebrado en menor escala nos barrios da capital do país e no rural de Zemgale. [1]

Folclore[editar | editar a fonte]

Os poemas do folclore letón, as dainas, recollen as celebración máis antigas do pobo letón e lístanas en oito en total, catro delas relacionadas co cambio estacional. As outras catro estaban repartidas deixando un espazo de 45 días entre todas. Estas eran ; Ziemassvetki solsticio de inverno, Lieldienas equinocio de primavera, Jani San Xoán e Mikeli o equinocio de Outono, unidas con eses intervalos de 45 días aparecían o Meteņi, antes da primavera, Usini, antes do verán, Maras, antes do outono e Martini, antes do inverno. [2]

O folclore letón tamén personifica en deidades estas oito celebracións, nas que se di os deuses baixaban a celebralas cos fieis. Metenis, Usins, Janis, Mikeli e Martins chegarían e marcharían desde un cerro en sincronía co movemento do sol o día da celebración e a súa posición no ceo vista desde os pés do cerro. Durante a festividade cantarían e comerían cos fieis os cales preparaban a casas, limpaban a louza e fermentaban cervexa antes da súa chegada. [3] Na festa actual os pais dos nenos lanzan agasallos ao ceo simulando aos deuses arroxando os agasallos para a terra e algúns veciños enmascáranse dos Budēļi espíritos da fertilidade que espertan no día do Metenis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Meteņi: A last fling before Latvian spring" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2020. 
  2. (en inglés)"Meteni"
  3. (en inglés)"Meteni"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]