Meritxell Mateu
Aparencia
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1966 (58 anos) Andorra |
Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa | |
Representa: Andorra 20 de xuño de 2011 – 6 de outubro de 2016 | |
Minister of Foreign Affairs (en) | |
2 de maio de 2007 – 4 de xuño de 2009 ← Juli Minoves Triquell (pt) – Xavier Espot Miró (pt) → | |
Member of the General Council of Andorra (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Paul-Valéry-Montpellier University (en) Ileri |
Actividade | |
Ocupación | diplomática, política |
Partido político | Partido Liberal de Andorra (pt) |
Meritxell Mateu i Pi, nada o 19 de xaneiro de 1966, é unha política andorrana. Foi Ministra de Asuntos Exteriores do Principado de Andorra e posteriormente Conselleira Xeral até outubro de 2016.[1]
É licenciada en Historia pola Universidade Paul Valéry de Montpellier e en Relacións Internacionais polo Instituto Libre de Estudo das Relacións Internacionais de París.[2]
Foi membro da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa desde 2011 a 2016.[3]
Cargos
[editar | editar a fonte]- 2007-2009 Ministra de Asuntos Exteriores.
- 2005-2007: Ministra de Vivenda, Ensino Superior e Investigación.
- 2001: Embaixadora de Andorra en Eslovenia.
- 1999-2004: Embaixadora de Andorra en Alemaña.
- 1999: Embaixadora de Andorra en Dinamarca.
- 1998: Embaixadora de Andorra en Países Baixos.
- 1997: Embaixadora de Andorra na Unión Europea, en Bélxica e en Luxemburgo.
- 1995-1999: Embaixadora de Andorra en Francia.
- 1995-1999: Representante permanente de Andorra ante o Consello de Europa.
- 1995-1999: Delegada permanente de Andorra na UNESCO.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Meritxell Mateu dimiteix" (en catalán). 4 de outubro de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2016.
- ↑ Consell General. Principat d'Andorra (ed.). "Meritxell Mateu Pi. Consellera general" (en catalán). Consultado o 2020-12-01.
- ↑ "PACE Member File". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016. Consultado o 21 de novembro de 2016.