Mercedes Roldós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMercedes Roldós
Biografía
Nacemento(es) María Mercedes Roldós Caballero Editar o valor em Wikidata
marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Mugardos, España Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
23 de marzo de 2004 – 22 de xuño de 2007 – Daniel Nuevo Hidalgo →

Circunscrición electoral: Las Palmas (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Mercedes Roldós Caballero, nada en Mugardos o 6 de marzo do 1956, é unha médica e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Medicina e Cirurxía e especialista en bioquímica clínica, traballaba como doutora do hospital universitario de Gran Canaria ata a súa entrada na política. Militante do Partido Popular, foi elixida deputada en 1999 por esta formación no Parlamento das Canarias, en representación de Gran Canaria. En 2003 repetiu escano, e ademais foi voceira de Sanidade da súa formación, ata que nas eleccións españolas de 2004 resultou escollida deputada polo Partido Popular. En 2007 abandonou o Congreso dos Deputados tras ser elixida novamente deputada no Parlamento das Canarias na súa VII e VIII Lexislatura, ocupando o cargo de Conselleira de Sanidade do Goberno das Canarias (formado por Coalición Canaria e Partido Popular) entre o 2007 e o 2010. Foi tamén senadora pola Comunidade Autónoma das Canarias entre 2015 e 2016. O 16 de decembro do 2016 o Consello de Ministros noméaa Delegada do Goberno nas Canarias, cargo que ocupa actualmente e no que substitúe a Enrique Hernández Bento.

É membro da Sociedade Española de Biopatoloxía.