Saltar ao contido

Mercedes Castro Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMercedes Castro Díaz
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, novelista, poetisa Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1683244 BUSC: castro-mercedes-1972

Mercedes Castro Díaz, nada en Ferrol en 1972, é unha escritora galega que escribe en castelán.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid. Despois dunha década traballando no eido editorial, no que chegou a ser directora do departamento de narrativa dunha destacada editorial do Grupo Planeta, deixou o seu posto como editora para converterse en escritora. A súa primeira novela, Y punto. apareceu en 2008, e a autora declarou que lle levou nove anos escribila.

Con anterioridade, Mercedes Castro publicou diversos relatos en volumes colectivos, unha edición crítica da novela de Benito Pérez Galdós, Trafalgar (2001), o poemario La niña en rebajas (2001) e a primeira antoloxía poética bilingüe de Rosalía de Castro (2004) que saíu ó mercado.

  • Y punto. (Alfaguara, 2008).
  • Mantis (Alfaguara, 2010).
  • La niña en rebajas (2001).

Como editora

[editar | editar a fonte]
  • Trafalgar, de Benito Pérez Galdós (2001), edición e prólogo.
  • Antología poética de Rosalía de Castro (2004), edición bilingüe (galego-castelá) e tradución.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]