Melody Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melody Ruiz
Spanish singer Melody at MIFF.jpg
Nome completoMelodía Ruiz Gutiérrez
AlcumeMelody
Nacemento12 de outubro de 1990
 Dos Hermanas
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante, compositora, actriz e modelo
Melo autografo.png
editar datos en Wikidata ]

Melodía Ruiz Gutiérrez,[1] nada en Dos Hermanas (provincia de Sevilla) o 18 de outubro de 1990, é unha cantante andaluza de música pop, máis coñecida como Melody.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia estreitamente ligada á música, xa que o seu pai, Lorenzo, formou o grupo The Quiyos xunto con outros familiares. Melody interesouse pola música e a danza desde moi nova.

O seu pai mandoulle unha gravación da súa filla a El Fary, co que traballara, e este tornouse produtor executivo e buscou músicos, autores, produtores e estudios para dar forma ao primeiro álbum da rapaza. O seu primeiro disco "De pata negra" acadou o éxito en España, o que lle permitiu embarcar en xiras internacionais por América Latina e os Estados Unidos. O disco deulle fama con só dez anos e levouna a colaborar con outros artistas como Andy y Lucas.

En 2008 lanzou o seu quinto álbum, Los buenos días. En decembro dese ano anunciou a súa candidatura para representar a España no Festival de Eurovisión 2009 coa canción "Amante de la Luna", acompañada do grupo de danza Los Vivancos. O 19 de febreiro Los Vivancos, nun comunicado, indicaron que "non se tiñan cumprido as esixencias técnicas e artísticas necesarias para defender a súa candidatura coa calidade e profesionalidade esixidos e Melody sairía soa na disputa para representar a España no Festival de Eurovisión 2009".

Discografía[editar | editar a fonte]

  • De pata negra (2001)
  • Mover (2002)
  • T.Q.M. (2003)
  • Melody (2004)
  • Los buenos días (2008)
  • Mucho camino por andar (2014)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Qué pasó con Melody". Semana. 14 de xuño de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]