Melody (cantante)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Melodía Ruiz Gutiérrez 12 de outubro de 1990 Barbate |
| Outros nomes | Melody |
| Actividade | |
| Ocupación | cantante, actriz, compositora, modelo |
| Período de actividade | 2001 |
| Xénero artístico | Música pop, pop latino, flamenco e Rumba |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | Sony Music Entertainment |
| Participou en | |
| maio de 2025 | Festival de Eurovisión 2025 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Parella | Ignacio Batallan (2021–) |
| Sitio web | melodyoficial.com |
Melodía Ruiz Gutiérrez,[1] nace en Dos Hermanas (provincia de Sevilla) o 18 de outubro de 1990, é unha cantante andaluza de música pop, máis coñecida como Melody.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia estreitamente ligada á música, xa que o seu pai, Lorenzo, formou o grupo The Quiyos xunto con outros familiares. Melody interesouse pola música e a danza desde moi nova.
O seu pai mandoulle unha gravación da súa filla a El Fary, co que traballara, e este tornouse produtor executivo e buscou músicos, autores, produtores e estudios para dar forma ao primeiro álbum da rapaza. O seu primeiro disco "De pata negra" acadou o éxito en España, o que lle permitiu embarcar en xiras internacionais por América Latina e os Estados Unidos de América. O disco deulle fama con só dez anos de idade e levouna a colaborar con outros artistas como Andy y Lucas.
En 2008 lanzou o seu quinto álbum, Los buenos días. En decembro dese ano anunciou a súa candidatura para representar a España no Festival de Eurovisión 2009 coa canción "Amante de la Luna", acompañada do grupo de danza Los Vivancos. O 19 de febreiro Los Vivancos, nun comunicado, indicaron que "non se cumpriran as esixencias técnicas e artísticas necesarias para defender a súa candidatura coa calidade e profesionalidade esixidos e Melody sairía soa na disputa para representar a España no Festival de Eurovisión 2009".[Cómpre referencia]
Discografía
[editar | editar a fonte]- De pata negra (2001)
- Mover (2002)
- T.Q.M. (2003)
- Melody (2004)
- Los buenos días (2008)
- Mucho camino por andar (2014)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- "La fuerza de mi corazón", con Abraham Mateo (2008)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Qué pasó con Melody". Semana. 14 de xuño de 2008. Consultado o 21 de outubro de 2015.