Megatrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Megatrón é o nome dun efecto típico de discotecas e outros espectáculos que consiste nun chorro de gran potencia de gas branco que se produce con anhídrido carbónico líquido. Este gas ao se expandir, sae por uns buratos localizados no teito cunha temperatura orixinal de -78.5 °C (temperatura do xeo seco) e namentres sae, amais, prodúcese un gran estrondo. Outra característica é que ademais rebaixa a temperatura interior uns graos, co cal o ambiente fica climatizado, e refresca as persoas que se atopan abaixo del, e tamén deixa un ambiente de néboa durante uns intres. Os disparos realízanse cando a música sobe de nivel. Nalgunhas discotecas hai unha saída de megatrón, aínda que as meirandes adoitan ter varias.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]