Meda Dau Doka ou God Bless Fiji (Deus beiza Fidxi) é o himno nacional das Illas Fidxi. A música resultou da adaptación dun himno de 1911, de Charles Austin Miles titulado Dwelling in Beulah Land. A letra e a música resultante foron compostas por Michael Francis Alexander Prescott e adoptadas despois da independencia, en 1970.
A letra en inglés e en fidxiano non son traducións mutuas, tendo, até, poucas semellanzas.
Meda dau doka ka vinakata na vanua
E ra sa dau tiko kina na savasava
Rawa tu na gauna ni sautu na veilomani
Biu na i tovo tawa savasava
Coro:
Me bula ga ko Viti
Ka me toro ga ki liu
Me ra turaga vinaka ko ira na i liuliu
Me ra liutaki na tamata
E na veika vinaka
Me oti kina na i tovo ca
Me da dau doka ka vinakata na vanua
E ra sa dau tiko kina na savasava
Rawa tu na gauna ni sautu na veilomani
Me sa biu na i tovo tawa yaga
Bale ga vei kemuni na cauravou e Viti
Ni yavala me savasava na vanua
Ni kakua ni vosota na dukadukali
Ka me da sa qai biuta vakadua
Mostremos orgullo e honremos a nación
onde viven os xustos
onde a prosperidade e o compañeirismo perduren
Abandonemos os actos inmorais
Coro:
Que viva Fidxi
e avante sempre
Que os nosos líderes sexan honorables
e lideren o pobo
cara a grandes fins
e poñamos fin a todo o inmoral.
Mostremos orgullo e honremos a nación
onde viven os xustos
onde a prosperidade e o compañeiro perduren
Abandonemos os actos inmorais
A carga do cambio pousa nos vosos ombros, mozos de Fidxi,
Sede a forza que limpe a nación.
Tede coidado e non alberguedes malicias
Pois hai que abandonar eses sentimentos para sempre.
Blessing grant oh God of nations on the isles of Fiji
As we stand united under noble banner blue
And we honour and defend the cause of freedom ever
Onward march together
God bless Fiji
Coro:
For Fiji, ever Fiji, let our voices ring with pride
For Fiji, ever Fiji, her name hail far and wide,
A land of freedom, hope and glory, to endure what ever befall
May God bless Fiji
Forever more!
Blessing grant oh God of nations on the isles of Fiji
Shores of golden sand and sunshine, happiness and song
Stand united, we of Fiji, fame and glory ever
Onward march together
God bless Fiji.
Concede bendicións ás Illas Fidxi, oh Deus das Nacións
Así como nos mantemos unidos sobre o noso nobre estandarte azul
E honramos e defendemos sempre a causa da liberdade
Marchemos á fronte xuntos
Deus abenzoe Fidxi
Coro:
Por Fidxi, sempre Fidxi, que as nosas voces soen con orgullo
Por Fidxi, sempre Fidxi, que o seu nome sexa saudado por todo o mundo
Terra de liberdade, esperanza e gloria, para facermos fronte ao que veña
Deus abenzoe Fidxi
Para sempre!
Concede bendicións ás Illas Fidxi, oh Deus das Nacións
Praias de area dourada e luz do sol, alegría e cántico
Permanecede unida, xente de Fidxi, para vós a fama e a gloria sempre,
Marchemos á fronte xuntos
Deus abenzoe Fidxi
Así, para sempre.