O disco foi gravado nuns poucos días, hai moi poucos overdubs e moitos dos temas son primeiras tomas. Ao igual que outros dos primeiros álbums de SST a calidade do son é máis ben irregular; hai saturación no fondo da música. A banda optou por isto xa que se sentían máis cómodos gravando ao vivo con só uns poucos micrófonos en vez de empregar técnicas convencionais de separación de estudio. En 1999, Curt Kirkwood dixo, "O primeiro [álbum] foi o noso disco de LSD. Estivemos tres días no estudio, e viaxamos todo o tempo. E foi realmente xenial, e realmente molesto tamén, porque nos volvimos tolos".[1]
A reedición de Rykodisc de 1999 conta con todo o EP In a Car, ademais doutras 13 cancións extra, moitas delas descartes ou improvisacións no estudio, e un videoclip da banda interpretando "Walking Boss" ao vivo. O libreto tamén ten notas de Gregg Turkington e do batería Derrick Bostrom.
No libro de 2012Too High to Die: Meet the Meat Puppets de Greg Prato, un capítulo enteiro está dedicado ao guitarrista de SoundgardenKim Thayil explicando porque Meat Puppets é un dos seus álbums favoritos.