Max Standfuss
(1914) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1854 Szklarska Poręba, Polonia (pt) |
Morte | 22 de xaneiro de 1917 (62 anos) Zürich, Suíza |
Educación | Universidade de Halle-Wittenberg Universidade de Breslau |
Actividade | |
Campo de traballo | Entomoloxía |
Lugar de traballo | Zürich |
Ocupación | lepidopterólogo, profesor universitario, entomólogo |
Empregador | Universidade de Zürich ETH Zürich |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Pai | Gustav Standfuss |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Granat |
Maximilian Rudolph Standfuss (6 de xuño de 1854, Schreiberhau – 22 de xaneiro de 1917, Zürich) foi un entomólogo xermanosuízo especializado en lepidópteros.
Estudou teoloxía na Universidade de Halle e ciencias naturais na Universidade de Breslau, onde en 1879 recibiu o seu PhD (doutoramento) en zooloxía. Durante moitos anos foi o curador e posteriormente director das coleccións do museo entomolóxico do Eidgenössische Polytechnikum de Zürich. En 1892 obtivo a súa habilitación e traballou seguidamente como profesor do Politécnico e na Universidade de Zürich. En 1915 recibiu o título de catedrático. Entre 1908 e 1910 foi presidente do Naturforschenden Gesellschaft de Zürich.[1]
É lembrado principalmente polos seus experimentos de cría de bolboretas e avelaíñas en condicións artificiais; por exemplo, tomando casulos de bolboretas de Europa central e criándoas a diversas temperaturas. Descubriu que cando a temperatura era moi baixa, a bolboreta saía do casulo cunha coloración que era diferente da típica da especie centroeuropea, pero similar á de variedades de especies atopadas en climas máis fríos; cando a temperatura era alta, os mesmos casulos de Europa central producían variedades que se atopaban en rexións tropicais.[2]
Obras seleccionadas
[editar | editar a fonte]- Lepidopterologisches, 1884 – Lepidopterology.
- Handbuch für Sammler der europäischen Grossschmetterlinge, 1891 – Manual para coleccionistas de Macrolepidoptera.
- Handbuch der paläarktischen Gross-Schmetterlinge für Forscher und Sammler, 1896 – Manual dos Macrolepidoptera paleárticos para investigadores e coleccionistas
- Experimentelle zoologische Studien mit Lepidopteren, 1898 – Estudos zoolóxicos experimentais do Lepidoptera.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Standfuss, Max Historischen Lexikon der Schweiz
- ↑ Appleton's Magazine, Volume 6
- ↑ Most widely held works about Max Standfuss WorldCat Identities