Maxia do caos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Estrela do Caos (tamén chamada 'caosfera' por algúns practicantes) é o símbolo máis popular na Maxia do Caos, outras variantes tamén existen.

O concepto de maxia do caos é relativamente recente, tendo orixe en West Yorkshire, en Inglaterra, nos anos 70 do século XX. Influenciada polas prácticas thelémicas de Aleister Crowley e Austin Osman Spare, a maxia do caos é primeiramente unha práctica abordada na práctica de maxia. A máxima central deste tipo de práctica é "se funciona, úsase a". A maxia do caos usa o estado de gnose, a través de prácticas como meditación, música, danza, uso de herbas, dor, ou orgasmos, como forma de incumbir en prácticas divinatórias. Os magos do caos cren que conseguen dar forma a realidade, accedendo a estes estados de conciencia e proxecto imaxes, pensamentos. A pesar dalgunhas prácticas seren únicas á maxia do caos (como o uso de formas máxicas de nome sigils), este tipo de prácticas son normalmente baseados en sistemas de crenzas individuais, e de base adogmática. Algúns magos do caos cren que algunha desta práctica é unha forma de paradigma de piratería. Algunhas fontes comúns neste tipo de inspiración inclúen cousas diversas como ciencia ficción, teorías científicas, teorías da conspiración, shamanismo, filosofía oriental, relixións do mundo, e experiencias individuais. A pesar de enorme variación, os magos do caos frecuentemente traballan con paradigmas caóticos e humorísticos.