Saltar ao contido

Max Standfuss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMax Standfuss

(1914) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1854 Editar o valor en Wikidata
Szklarska Poręba, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1917 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg
Universidade de Breslau Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Zürich Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlepidopterólogo, profesor universitario, entomólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Zürich
ETH Zürich Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaiGustav Standfuss Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata

Maximilian Rudolph Standfuss (6 de xuño de 1854, Schreiberhau – 22 de xaneiro de 1917, Zürich) foi un entomólogo xermanosuízo especializado en lepidópteros.

Estudou teoloxía na Universidade de Halle e ciencias naturais na Universidade de Breslau, onde en 1879 recibiu o seu PhD (doutoramento) en zooloxía. Durante moitos anos foi o curador e posteriormente director das coleccións do museo entomolóxico do Eidgenössische Polytechnikum de Zürich. En 1892 obtivo a súa habilitación e traballou seguidamente como profesor do Politécnico e na Universidade de Zürich. En 1915 recibiu o título de catedrático. Entre 1908 e 1910 foi presidente do Naturforschenden Gesellschaft de Zürich.[1]

É lembrado principalmente polos seus experimentos de cría de bolboretas e avelaíñas en condicións artificiais; por exemplo, tomando casulos de bolboretas de Europa central e criándoas a diversas temperaturas. Descubriu que cando a temperatura era moi baixa, a bolboreta saía do casulo cunha coloración que era diferente da típica da especie centroeuropea, pero similar á de variedades de especies atopadas en climas máis fríos; cando a temperatura era alta, os mesmos casulos de Europa central producían variedades que se atopaban en rexións tropicais.[2]

Obras seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  • Lepidopterologisches, 1884 – Lepidopterology.
  • Handbuch für Sammler der europäischen Grossschmetterlinge, 1891 – Manual para coleccionistas de Macrolepidoptera.
  • Handbuch der paläarktischen Gross-Schmetterlinge für Forscher und Sammler, 1896 – Manual dos Macrolepidoptera paleárticos para investigadores e coleccionistas
  • Experimentelle zoologische Studien mit Lepidopteren, 1898 – Estudos zoolóxicos experimentais do Lepidoptera.[3]