Saltar ao contido

Mauro Varela Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMauro Varela Fernández
Biografía
Nacementoc. 1905 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xullo de 1986 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMauro Varela Pérez Editar o valor en Wikidata
PaiBenigno Varela Pérez Editar o valor en Wikidata

Mauro Varela Fernández, nado en Lugo cara a 1905 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 1986, foi un avogado galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Benigno Varela Pérez. Avogado. Na Segunda República foi xuíz municipal de Lugo en xuño de 1931.[1] Estivo afiliado ao PSOE e foi membro da loxa Lucus nº 5. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, en 1937 sufriu detención no seu domicilio ata febreiro de 1938, acusado de masón. Foi procesado no sumario 965/44 polo Tribunal para la Represión de la Masonería y el Comunismo, foi condenando a 12 anos e un día de reclusión menor, e en 1948 o Consello de Ministros conmutoulle a pena pola sanción de inhabilitación para cargos políticos e sindicais. Finou en Lugo o 14 de xullo de 1986 con 80 anos.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Eva Pérez Fernández e foi pai de Mauro Varela Pérez.

  1. El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10.
  2. La Voz de Galicia, 14-7-1986, p. 24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]