Mauro Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mauro Varela
Praza Publica-varelacomparece.png
Mauro Varela na comparecencia ante a comisión das caixas no Parlamento de Galicia en xuño de 2013.
Nacemento1941
 Lugo
Falecemento30 de xaneiro de 2020
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Mauro Varela Pérez, nado en Lugo en 1941 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 2020,[1] foi un avogado e político galego, que chegou a presidir Caixa Galicia, daquela a primeira entidade bancaria de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Mauro Varela Fernández, avogado represaliado polo franquismo. Fillo e neto tamén de avogado, licenciouse en Dereito e en 1965 empezou a traballar como avogado no seu despacho de Lugo.

Nas eleccións xerais de 1989 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Popular. Volveu ser elixido deputado por Lugo nas xerais de 1993 e 1996. Renunciou ao escano en 1997, para dar o salto á política galega: no Congreso foi substituído por Manuel González Fernández. Foi elixido parlamentario pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 1997.

A súa vinculación política levouno a ser vicepresidente do consello de administración e presidente da Comisión de Control de Caixa Galicia, daquela a maior entidade financeira galega e que tiña representantes das administracións públicas no seu consello de administración. Cando Caixa Galicia se fusionou con Caixanova, foi elixido co-presidente de Novacaixagalicia e posteriormente conselleiro de Novagalicia Banco, cando a bancarización da entidade no marco da crise financeira de 2008. Dimitiu do cargo o 25 de xuño de 2012 logo dunha polémica por unhas declaracións[2], durante o escándalo das preferentes, produtos financeiros de difícil venda que as entidades bancarias estiveran colocando a pequenos accionistas privados. Varela afirmara que os clientes das entidades bancarias eran conscientes do que mercaban e que estiveran obtendo unha alta rendibilidade.

Foi membro da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación, e do Círculo das Artes de Lugo. Tamén foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]