Matt Mullenweg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matt Mullenweg
Matt Mullenweg (1).jpg
Nome completoMatthew Charles Mullenweg
Nacemento11 de xaneiro de 1984
Lugar de nacementoHouston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterKinder High School for the Performing and Visual Arts e Universidade de Houston
Ocupaciónemprendedor, programador, informático teórico, músico, blogueiro e participante do fórum internacional
PremiosHeinz Award
Na rede
https://ma.tt/
Facebook: matt.mullenweg Twitter: photomatt Instagram: photomatt LinkedIn: mattm TED: matt_mullenweg Souncloud: matt-mullenweg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Matt Mullenweg, 2006.jpg

Matthew Charles Mullenweg, nado en Houston, Texas, o 11 de xaneiro de 1984, é un programador estadounidense coñecido por crear o sistema de xestión de contido Wordpress. Por outra banda, creou o servizo de filtrado de spam centralizado Akismet, a compañía Automattic e o servizo de hosting gratuíto de blogs WordPress.com.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wordpress[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Wordpress.

En xuño de 2002 Matt comenzou a usar o xestor de contidos b2/cafelog para publicar as fotos que sacou nunha viaxe a Washington, D.C. para participar na National Fed Challenge. Contribuíu cun pouco de código para arranxar unhas faltas de ortografía e para limpar as ligazóns permanentes.

En xaneiro de 2003, uns meses despois de que finalizase o desenvolvemento de b2, anunciou[1] no seu blog que ía crear un fork para actualizalo aos estándares web e modificalo para as súas necesidades. Mike Little falou con el e xuntos crearon WordPress a partir do código fonte de b2. O programador orixinal de b2, Michel Valdrighi, uniuse a eles ao pouco tempo.

Notas[editar | editar a fonte]