Saltar ao contido

Masacre de Gonagala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Masacre de Gonagala
LugarGonagala (Sri Lanka)
Data18 de setembro de 1999
Tipo de ataquemasacre
Arma(s)machetes, coitelos e un revólver
Mortos50 propiamente en Gonagala e 4 en dous asentamentos próximos
Perpetrador(es)aproximadameante 75 membros do TLTE
editar datos en Wikidata ]

O masacre de Gonagala foi un acto terrorista que se cometeu o 18 de setembro de 1999 na pequena aldea de Gonagala, situado no distrito de Ampara en Sri Lanka. Durante a noite intrusos mataron a machetadas 50 homes, mulleres e nenos. As mortes atribuíronse ao Tigres de Liberación do Tamil Eelam.

O de Gonagala constitúe un dos moitos ataques atribuídos aos TLTE. Así e todo, este foi especialmente notorio, xa que a diferenza de ataques previos, boa parte dos aproximadamente 75 activistas que tomaron parte na acción eran mulleres.

Incidente

[editar | editar a fonte]

O incidente ocorreu na madrugada do 18 de setembro de 1999, na Colonia 31 en Ampara. Os militantes do TLTE divididos en dous comandos, un formado por homes e outro no que se incluían tanto homes como mulleres, entraron na aldea de Gonagala armados con machetes e mataron 50 civís de etnia cingalesa, a maioría mentres durmían. Antes de se retiraren, os elementos do TLTE foron a dous asentamentos veciños e mataron catro civís máis. Segundo relatos dos sobreviventes, o comando formado por homes só matou homes mentres o mixto involucrouse na matanza de mulleres e nenos[1].

Dun total de 54 vítimas do masacre, contando os mortos dos asentamentos próximos, 27 eran homes, 17 mulleres e 10 nenos. Dúas das mulleres estaban embarazadas[2]. Segundo expertos forenses só unha vítima foi morreu por disparos de revólver, mentres que mataron o resto con coitelos ou machetes. Houbo catro civís feridos de gravidade.[2]

Testemuñas oculares

[editar | editar a fonte]

Herath Mudiyansalege Premasiri, un labrego sobrevivente de 29 anos, deu unha descrición dos acontecementos.

"Rematamos tarde e fomos para a cama. Eramos 15, entre familiares e amigos que viñeran participar nun ritual funerario. Eu estaba a durmir só no meu cuarto e sobre as dúas da mañá oín un fato de xente batendo na porta e despois irromperon na casa"[2]

Outro habitante da aldea, un policía que durante os acontecementos estaba nun posto de control afastado, ao volver á súa casa pola mañá, atopou á súa esposa embarazada, dous nenos, os seus pais e mais a cuñada mortos[2].

[editar | editar a fonte]

Este incidente e os acontecementos inmediatos son a cerna do argumento do filme srilankés en cingalés Gamani (2011)[3].

  1. Kennet E. Miller e Sulani Perera (2015). "Growing Up on the Front Line: Coming to Terms with War-Related Loss in Gonagala, Sri Lanka". En Devon E. Hinton e Alexander L. Hinton. Genocide and Mass Violence: Memory, Symptom, and Recovery. Cambridge University Pres. p. 359. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Pre-dawn horror in Ampara".The Sunday Times, 19 de setembro de 1999
  3. "Rear Admiral (Dr) Sarath Weerasekera’s debut cinema creation ‘GAMANI’ in cinemas island-wide". adaderana. 5 de agosto de 2011.