María del Rosario Espinoza
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1987 (37 anos) La Brecha, México (en) |
Altura | 179 cm |
Peso | 69 kg |
Actividade | |
Ocupación | taekwondista |
Deporte | Taekwondo |
Participou en | |
2021 | 2021 Pan American Taekwondo Championships (en) |
2019 | Campeonato Mundial de Taekwondo de 2019 (pt) |
2018 | 2018 Pan American Taekwondo Championships (en) |
2017 | Campeonato Mundial de Taekwondo de 2017 (pt) |
2016 | 2016 Pan American Taekwondo Championships (en) |
2016 | taekwondo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2014 | 2014 Pan American Taekwondo Championships (en) |
2012 | Taekwondo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Mais de 67 kg feminino (pt) (Medalla de bronce olímpica) |
2010 | 2010 Pan American Taekwondo Championships (en) |
23 de agosto de 2008 | Taekwondo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Mais de 67 kg feminino (pt) (medalla de ouro olímpica) |
2007 | Campeonato Mundial de Taekwondo de 2007 (pt) |
Premios | |
|
María del Rosario Espinoza, nada en La Brecha o 27 de novembro de 1987 é unha deportista mexicana que compite en taekwondo. Campioa olímpica en Pequín 2008.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 23 de agosto de 2008 obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín, vencendo á norueguesa Nina Solheim por marcador de 3-1, proclamándose campioa de taekwondo na modalidade de +67 kg, no Ximnasio da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Pequín.[1] sendo a segunda muller mexicana en conquistar unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos despois da levantadora de pesas Soraya Jiménez que xa o conseguira nos Xogos Olímpicos de 2000.[3]
Nos Xogos Olímpicos de 2012, consegue a medalla de bronce perante a cubana Glenhis Hernández, converténdose así en dobre medallista olímpica na categoría +67 kg e posteriormente gañou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2016, converténdose na primeira mexicana en gañar medalla en tres edicións dos Xogos.[4] É a segunda deportista mexicana, despois de Ernesto Canto, que gaña todas as competencias do denominado ciclo olímpico, só que a diferenza do primeiro, Espinoza non o realizou no mesmo período.
Ao longo da súa carreira gañou tres medallas no Campionato Mundial de Taekwondo entre os anos 2007 e 2019, e catro medallas no Campionato Panamericano de Taekwondo entre os anos 2010 e 2018. Nos Xogos Panamericanos conseguiu dúas medallas nos anos 2007 e 2015.[5]
Tamén obtivo dúas medallas de ouro nos Xogos Centroamericanos e do Caribe nos anos 2010 e 2014.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 «María del Rosario Espinoza» Arquivado 07 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.. Sports-Reference.com. Consultado o 21 de decembro de 2014 (SR/Olympic Sports) (en inglés).
- ↑ «María del Rosario, con gran autoridad» Arquivado 06 de setembro de 2014 en Wayback Machine.. El Universal. Consultado o 24 de agosto de 2008 (en castelán).
- ↑ «Conquista María Espinoza segundo oro para México» Arquivado 19 de agosto de 2014 en Wayback Machine.. El Universal. Consultado o 23 de agosto de 2008 (en castelán).
- ↑ «¡Medalla olímpica en tres Juegos!». Sportspedia México. Consultado o 20 de agosto de 2016 (en castelán).
- ↑ «María del Rosario Espinoza». Taekwondo Data. Consultado o 21 de decembro de 2014 (en inglés).
- ↑ «Taekwondo Biografía y Resultados Espinoza María». Mayagüez 2010 - XXI Juegos Centroamericanos y del Caribe. Consultado o 21 de decembro de 2014 (en castelán).
- ↑ "María Espinosa vence a la Glenhis Hernández en la gran pelea de los Juegos". Yahoo! Deportes (Veracruz, México). EFE. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2015. Consultado o 6 de agosto de 2015 (en castelán).
- Nados en 1987
- Medallistas olímpicos de ouro por México
- Medallistas olímpicos de prata por México
- Medallistas olímpicos de bronce por México
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Taekwondistas olímpicos de México
- Taekwondistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Taekwondistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Taekwondistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas olímpicos en taekwondo