María del Carmen Gueimunde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de setembro de 1968 (56 anos) Viveiro, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
María del Carmen Gueimunde González, nada en Viveiro o 7 de setembro de 1968, é unha política galega, foi a primeira muller que ocupou acta no Senado pola provincia de Lugo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neta de José Gueimunde López que foi alcalde de Viveiro no franquismo. Profesora de Secundaria, iniciou a súa carreira política co PPdeG no ano 2007, cando formou parte da candidatura deste partido nas eleccións municipais no concello de Viveiro. Saíu elixida concelleira. Foi Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
No 2008, presentouse como candidata ao Senado. Ao ser elixida nos comicios xerais do 9 de marzo , converteuse na primeira senadora da historia pola provincia de Lugo.