Saltar ao contido

María Jesús Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Jesús Novo
Biografía
Alcaldesa de Boimorto
2016 –
← Gonzalo Concheiro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor en Wikidata

María Jesús Novo Gómez é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Boimorto polo PPdeG na lista encabezada por Gonzalo Concheiro. Foi primeira tenente de alcalde e portavoz do PPdeG. En maio de 2016 Concheiro dimitiu ao ser investigado pola súa presunta implicación nunha fraude,[1] sendo sucedido na alcaldía por María Jesús Novo.[2] Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a lista do PPdeG e foi elixida alcaldesa de Boimorto por maioría absoluta.

En xaneiro de 2021, renunciou á militancia no PPdeG mais seguiu no cargo,[3] logo dunha polémica pola súa vacinación contra a COVID-19, ao saltarse a quenda de vacinación e facelo nunha residencia municipal sen ser traballadora.[4] Nas municipais de 2023 volveu encabezar a candidatura do PPdeG como independente,[5][6] e volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.[7]


Predecesor:
Gonzalo Concheiro
 
Alcaldesa de Boimorto
 
2016 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]