María Esperanza Gigirey Liste
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1964 (60 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador da arte, escritora |
María Esperanza Gigirey Liste, nada en Santiago de Compostela o 12 de xuño de 1964,[Cómpre referencia] é unha historiadora da arte e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, con especialidade en historia da arte contemporánea e museoloxía. É membro do Corpo Facultativo de Grao Medio da Xunta de Galicia, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, dende 2003. Foi técnica superior no Museo de Terra Santa do convento de San Francisco de Santiago de Compostela (1998-2003) e dende 2018 é directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago[1] trala xubilación de Bieito Pérez Outeiriño.
Ademais, é presidenta do Consello Galego de Museos[2] e forma parte do Consello Asesor do Museo de Arte Sacra de San Paio de Antealtares.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- O Museo de Terra Santa. Unha ponte cara Oriente Próximo en Compostela. Santiago de Compostela, 2018.
- El Real Monasasterio de Santa Clara de Santiago. Ocho siglos de claridad. Santiago de Compostela, 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María Esperanza Gigirey: «Temos que lograr que os composteláns se convertan nos nosos embaixadores»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-04-15. Consultado o 2023-02-09.
- ↑ "Evento: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO: ORIXE E CONSOLIDACIÓN (1932-1982) | Cultura de Galicia". www.cultura.gal (en castelán). Consultado o 2023-02-09.
- ↑ "Organización" (en castelán). Consultado o 2023-03-01.