Martín Balza
(1990) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1934 (90 anos) Salto, Arxentina (en) |
Ambassador of Argentina to Colombia (en) | |
29 de xullo de 2003 – 28 de decembro de 2011 | |
Comandante Exército Arxentino | |
4 de novembro de 1991 – 10 de decembro de 1999 ← Martín Bonnet (en) – Ricardo Brinzoni (pt) → | |
Chief of the Army General Staff (en) | |
4 de novembro de 1991 – 10 de decembro de 1999 | |
Executive officer (en) Exército Arxentino | |
26 de marzo de 1990 – 4 de novembro de 1991 ← Martín Bonnet (en) – valor descoñecido → | |
Datos persoais | |
Educación | Colégio Militar da Nação (pt) (1952–1955) |
Actividade | |
Campo de traballo | Artilharia (pt) |
Ocupación | diplomático |
Período de actividade | 17 de decembro de 1955 - 10 de decembro de 1999 |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Arxentino |
Rango militar | Xeneral |
Premios | |
| |
Martín Antonio Balza, nado en Salto o 13 de xuño de 1934, é un militar arxentino, veterano da Guerra das Malvinas, que desempeñou o cargo de Xefe do Exército e destacou por realizar unha importante "autocrítica" pública condenando severamente a violación de dereitos humanos realizada polas Forzas Armadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) e a imposición de ditaduras militares.
Biografía
[editar | editar a fonte]Martín Balza ingresou ao Colexio Militar en 1952. Saíu como subtenente e especializouse en artillaría. Realizou o curso de tropa de montaña. Egresou da escola de guerra do Perú como oficial de Estado Maior. En 1982 sendo Tenente Coronel foi xefe do Grupo de Artillaría 3 (GA3) que combateu na guerra das Malvinas. En 1987, durante a presidencia de Raúl Alfonsín, foi ascendido a xeneral. En 1991 foi designado Xefe do Estado Maior do Exército cargo que desempeñou ata 1999. Durante o seu mando eliminouse o servizo militar obrigatorio. Na actualidade é embaixador arxentino en Colombia.[1]
As autocríticas
[editar | editar a fonte]O 25 de abril de 1995, durante a presidencia de Carlos Menem, o xeneral Martín Balza, nese momento Xefe do Exército, presentouse nun importante programa televisivo para ler unha declaración. Esa declaración de Balza está considerada como a primeira autocrítica profunda das Forzas Armadas sobre o seu papel na violación de dereitos humanos durante o Proceso de Reorganización Nacional e a realización de golpes de estado. O xeneral Balza dixo entón entre outras:
Sin buscar palabras innovadoras, sino apelando a los viejos reglamentos militares, aprovecho esta oportunidad para ordenar una vez más al Ejército, en presencia de toda la sociedad: nadie está obligado a cumplir una orden inmoral o que se aparte de las leyes o reglamentos militares. Quien lo hiciera incurre en una conducta viciosa, digna de la sanción que su gravedad requiera. Sin eufemismos, digo claramente: delinque quien vulnera la Constitución Nacional. Delinque quien imparte órdenes inmorales. Delinque quien para cumplir un fin que cree justo emplea medios injustos e inmorales. La comprensión de estos aspectos esenciales hace a la vida republicana de un Estado...Comprender esto, abandonar definitivamente la visión apocalíptica, la soberbia, aceptar el disenso y respetar la voluntad soberana, es el primer paso que estamos transitando desde hace años, para dejar atrás el pasado, para ayudar a construir la Argentina del futuro, una Argentina madurada en el dolor, que pueda llegar algún día al abrazo fraterno. Si no logramos elaborar el duelo y cerrar las heridas no tendremos futuro. No debemos negar más el horror vivido, y así poder pensar en nuestra vida como sociedad hacia delante, superando la pena y el sufrimiento. (versión completa en Wikisource)
Con posterioridade o propio Xeral Balza realizou varias ampliacións da autocrítica do Exército en 1998[2] e 1999 [3]. Como consecuencia foi expulsado do Círculo Militar, a asociación civil máis importante coas que contan os militares na Arxentina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "General Martín Balza, El Periodista, 3 de agosto de 2003". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007.
- ↑ "Autocrítica y reclamos en un fuerte discurso de Balza, Clarín, 13 de febreiro de 1998". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007.
- ↑ "Papel del Ejército durante la represión ilegal: Balza hizo una nueva autocrítica, Clarín, 15 de setembro de 1999". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2007.