Martín Balza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martín Balza
MartínBalza1990.jpg
Nacemento13 de xuño de 1934
 Salto
NacionalidadeArxentina
Alma máterColégio Militar da Nação
Ocupacióndiplomático
PremiosCommander of the Legion of Merit, Lexionario da Lexión do Mérito, Medal of Military Merit e Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco
Firma Martín Antonio Balza.jpg
editar datos en Wikidata ]

Martín Antonio Balza, nado en Salto o 13 de xuño de 1934, é un militar arxentino, veterano da Guerra das Malvinas, que desempeñou o cargo de Xefe do Exército e destacou por realizar unha importante "autocrítica" pública condenando severamente a violación de dereitos humanos realizada polas Forzas Armadas durante o Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) e a imposición de ditaduras militares.

Biografía[editar | editar a fonte]

Martín Balza ingresou ao Colexio Militar en 1952. Saíu como subtenente e especializouse en artillería. Realizou o curso de tropa de montaña. Egresou da escola de guerra do Perú como oficial de Estado Maior. En 1982 sendo Tenente Coronel foi xefe do Grupo de Artillería 3 (GA3) que combateu na guerra das Malvinas. En 1987, durante a presidencia de Raúl Alfonsín, foi ascendido a xeneral. En 1991 foi designado Xefe do Estado Maior do Exército cargo que desempeñou ata 1999. Durante o seu mando eliminouse o servizo militar obrigatorio. Na actualidade é embaixador arxentino en Colombia.[1]

As autocríticas[editar | editar a fonte]

O 25 de abril de 1995, durante a presidencia de Carlos Menem, o xeneral Martín Balza, nese momento Xefe do Exército, presentouse nun importante programa televisivo para ler unha declaración. Esa declaración de Balza está considerada como a primeira autocrítica profunda das Forzas Armadas sobre o seu papel na violación de dereitos humanos durante o Proceso de Reorganización Nacional e a realización de golpes de estado. O xeneral Balza dixo entón entre outras:

Sin buscar palabras innovadoras, sino apelando a los viejos reglamentos militares, aprovecho esta oportunidad para ordenar una vez más al Ejército, en presencia de toda la sociedad: nadie está obligado a cumplir una orden inmoral o que se aparte de las leyes o reglamentos militares. Quien lo hiciera incurre en una conducta viciosa, digna de la sanción que su gravedad requiera. Sin eufemismos, digo claramente: delinque quien vulnera la Constitución Nacional. Delinque quien imparte órdenes inmorales. Delinque quien para cumplir un fin que cree justo emplea medios injustos e inmorales. La comprensión de estos aspectos esenciales hace a la vida republicana de un Estado...Comprender esto, abandonar definitivamente la visión apocalíptica, la soberbia, aceptar el disenso y respetar la voluntad soberana, es el primer paso que estamos transitando desde hace años, para dejar atrás el pasado, para ayudar a construir la Argentina del futuro, una Argentina madurada en el dolor, que pueda llegar algún día al abrazo fraterno. Si no logramos elaborar el duelo y cerrar las heridas no tendremos futuro. No debemos negar más el horror vivido, y así poder pensar en nuestra vida como sociedad hacia delante, superando la pena y el sufrimiento. (versión completa en Wikisource)

Con posterioridade o propio Xeral Balza realizou varias ampliacións da autocrítica do Exército en 1998[2] e 1999 [3]. Como consecuencia foi expulsado do Círculo Militar, a asociación civil máis importante coas que contan os militares na Arxentina.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]