Martin Schmitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martin Schmitt
Martin Schmitt 2005.jpg
Nacemento29 de xaneiro de 1978 e 19 de xaneiro de 1978
 Villingen-Schwenningen
NacionalidadeAlemaña
Ocupaciónsaltador de esquí
IrmánsThorsten Schmitt
PremiosOrder of Merit of Baden-Württemberg
editar datos en Wikidata ]

Martin Schmitt, nado o 29 de xaneiro de 1978 en Villingen-Schwenningen, é un saltador de esquí alemán.

Carreira[editar | editar a fonte]

Medrou en Tannheim, na Selva Negra. Comezou a súa carreira competitiva no club de esquí de Furtwangen, practicando esquí de fondo e salto de esquí, seguindo o camiño do seu irmán, Thorsten, especializándose en salto de esquí; o seu primeiro éxito internacional chegoulle en 1997 ó conseguir o bronce nos Campionatos de Esquí Nórdico en Trondheim. A tempada seguinte, gañou a prata en trampolín grande por equipos nas Olimpiadas de Nagano.

En 1998/99 Schmitt gañou a Copa do Mundo por equipos e triunfou nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1999 en Ramsauó gañar no trampolín grande tanto individual como por equipos.winning the individual and team large hill events. Gañou a Copa do Mundo en 1999 e en 2000.

Na tempada 2000/2001 rematou segundo na Copa do Mundo detrás de Adam Małysz. Nos Campionatos de Esquí Nórdico de 2001 en Lahti gañou as competicións en trampolín grande, tanto individual como por equipos e levou prata en trampolín curto individual e bronce por equipos, converténdose no primeiro saltador de esquí en levar catro medallas nuns Campionatos de Esquí Nórdico.

Na tempada 2001/2002 unha lesión de xeonllo restoulle capacidade de competir, así e todo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 Salt Lake City gañou unha medalla de ouro por equipos. Nos Campionatos de Esquí Nórdico de 2005 en Oberstdorf conseguiu a medalla de prata en trampolín curto por equipos.