Martimporra
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Coordenadas: 43°20′17″N 05°33′57″O / 43.33806, -5.56583
Martimporra | |
---|---|
![]() Casa consistorial | |
Parroquia | Santuyano |
Concello | Bimenes |
Poboación | 17 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Martimporra é un lugar da parroquia de Santuyano, capital do concello asturiano de Bimenes. Segundo o INE en 2011 tiña 17 habitantes. Está a 38 km de Oviedo, a capital de Asturias, a 300 m sobre o nivel do mar.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
O Palacio de Martimporra, do século XVII, foi mandado construír por Juan de Valvidares e Cecilia Estrada, marqueses de Villapanes, e pertenceu despois ao marqués de Casa Estrada. De planta cadrada e dous andares, presenta dúas torres nos laterais e unha capela adicada á Virxe do Camiño.
Outros edificios do lugar son a Casa Consistorial (1966), a Casa Sindical e o economato de Hunosa.