Marta Gil González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (37/38 anos) Lalín, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | oceanógrafa |
Marta Gil González, nada en Lalín en 1986, é unha oceanógrafa galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Investigadora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, licenciada en Ciencias do Mar e doutora en Taxonomía. No 2017 publica na revista Zootaxa, con Fran Ramil, a descuberta de catro novas especies de hidrozoos como un dos resultados da colaboración dentro do proxecto EcoAfrik de estudo da fauna bentónica de augas profundas nas costas de África.
A científica lalinense descubriu catro especies do xénero Diphasia: Diphasia anaramosae, Diphasia saharica, Diphasia africana e Diphasia leonisae, chamada así en homenaxe a súa avoa Leonisa[1][2][3]. As descubertas foron froito dos datos recollidos en once campañas oceanográficas realizadas no noroeste de África, dende o estreito de Xibraltar ata a fronteira sur de Guinea-Conakry, entre os anos 2004 ao 2012.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DUVI, UVIGO (2018). ""Unha nova especie de hidrozoo para a avoa Leonisa"". Ecimat, UVIGO (22 Xaneiro 2018).
- ↑ "Unha científica galega pon o nome da súa avoa a unha nova especie de hidrozoo". Galicia Confidencial. Consultado o 18 de marzo de 2018.
- ↑ "Marta Gil González: "Me pareció un bonito detalle dedicarle el nombre de un hidrozoo a mi abuela"". Faro de Vigo. Consultado o 18 de marzo de 2018.