Mars 3MV-4A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zond 2, unha sonda de tipo Mars 3MV-4A.

Mars 3MV-4A foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas. Houbo catro sondas deste tipo:[1][2]

  • Zond 2, enviada a un sobrevoo de Marte. O seu sistema de comunicacións fallou antes do sobrevoo.
  • Zond 3, enviada a un sobrevoo da Lúa ao perder a ventá de lanzamento cara Marte.
  • Venera 2, enviada a un sobreoo de Venus. Tras sobrevoar Venus fallou en retomar contacto coa Terra para transmitir os datos.
  • Kosmos 96, non chegou a abandonar a órbita terrestre por problemas co seu foguete lanzador.

Cada sonda tiña unha masa duns 925 kg.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
30 de novembro de 1964 Cosmódromo de Baikonur Zond 2 Éxito A nave foi posta en órbita cara Marte, pero perdeuse o contacto con ela antes do sobrevoo.
18 de xullo de 1965 Cosmódromo de Baikonur Zond 3 Éxito Sobrevoo lunar.
12 de novembro de 1965 Cosmódromo de Baikonur Venera 2 Éxito A nave foi posta en órbita cara Venus, pero perdeuse o contacto con ela despois do sobrevoo.
23 de novembro de 1965 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 96 Fallo A nave non abandonou a órbita terrestre por problemas co foguete lanzador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Mars 3MV-4A" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Zond 2, 3 / Venera 2 (3MV-4 #1, 2, 3, 4)" (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]